Páginas

21 dic 2014

Xuntanza de blogues

Boas ^^

Para quenes seguíades este blogue, e aínda non me atopárades por outros lugares, coméntovos que dende hai uns meses decidín traballar case soamente nun só lugar. O motivo é que tiña moitos blogues abertos e ante o que me abrumaba escribir en tantos, ó final non escribía en ningún.

Cada blogue conforma unha parte de mín, este en concreto falaba da miña época de reconexión co feminino. Foi unha etapa moi importante e necesaria na miña vida, que seguida á reconexión co mundo animal, é hoxe un dos meus pilares vitais.

Durante moito tempo quixen ou necesitei, separar facetas da miña vida, ata o punto de que persoas que me coñecen por unha delas, non saben nada das outras. Iso deixou de ter sentido hai un tempo, e decidín unirme, tratando de reconciliar tódalas partes. Isto supón un gran traballo persoal, no que deixar de ser para chegar a ser.

Se queredes seguirme, o blogue de reunión chámase coma mín: encarna llor

Que o sol, a lúa e as estrelas, e algún vagalume, iluminen o voso camiño.

29 abr 2014

7 días correndo

Esta é a miña terceira semana correndo, concretamente o meu séptimo día. Comecei a correr o 14 de abril, seguindo un entrenamento que me fun descargando día por día a través da páxina web da aplicación runtastic. Ademáis hoxe decidín estrear unhas zapatillas que me chegaron onte, as vibram five fingers treksport sandal (que son as que mirades baixo estas líneas)

O conto destas zapatillas é que teñen un oco para cada dedo do pe, ademáis de cumplir co concepto de zapatillas minimalistas, nas que a suela é moi fina, e a estructura xeral fai que se adapten perfectamente ó teu pe. Como é un concepto novo para mín, do que leín moito, pero que estou probando dende hai dous días, prefiro remitirvos a varias ligazóns sobre o concepto de zapatillas minimalistas, zapatillas minimalistas, zami (que ofrece só por rexistrarte unha guía para correr minimalista), ventajas de correr con zapatillas minimalistaszapatillas minimalistas vs zapatillas amortiguadas (dun dos blogues que máis leo últimamente, cualquiera puede hacerlo).

Eu non teño aínda unha técnica de carreira, posto que levo 6 días de entrenamento, así que decidín saltarme o periodo de adaptación necesario para quenes teñen unha técnica establecida, e saín a correr con elas hoxe, despois de estar todo o día de onte con elas, para pasear, comprar, conducir... A experiencia foi maravillosa, sentir o que estaba pisando resultoume moi agradable e tamén notar tódolos dedos e empregalos para correr foi moi placentero. O meu ritmo era suave, non polas novas sensacións, máis ben porque estaba a chover, porque había moita néboa e sobre todo porque estou no terceiro día do meu ciclo menstrual (menstruando). E unha quere facer deporte téndose en conta a ela mesma como muller, así que fun ó ritmo de respirar sen ningunha dificultade (o meu ritmo habitual é respirar sen chegar a jadear). Indo deste xeito estiven pendiente da miña postura, primeiro tratando de ir recta (isto supón un esforzo para mín, posto que o tono muscular da miña faixa abdominal está moi baixo), segundo tratando de separar os pes (eu camiño e corro sen separalos ó ancho das miñas cadeiras, o cal xérame inestabilidade), e terceiro, tratando de emular o xeito de correr amosado neste vídeo. Isto último foi o máis complicado de facer e tamén o que máis emocións xerou en mín.

O resume en números da carreira de hoxe foi que corrín 2,5 km a unha velocidade de 4,64 km/h.

O resume en sensacións foi que sentín moita liberdade, que a miña pegada era suave e firme, que era capaz de ir ó ritmo que eu quixera e que o chan está vivo, que ten formas e texturas que os meus pes poden apreciar e ás que se poden adaptar perfectamente.

Animo a calquera que me lea a que saia a correr, se eres muller, aproveita na túa fase preovulatoria para probar a correr, é unha auténtica gozada, e se te enganchas a isto de correr, baixa o ritmo ou se queres non fagas nada na fase premenstrual e se cadra os primeiros días da menstrual.

Mmmm, posto que o que acabo de escribir sobre as fases menstruais ten a súa orixe en ter feito as (primeiras) sesións de profundización do ciclo menstrual de Camino Rúbí, anímovos a facer a 3ª edición (que abriu o prazo de inscripción onte), para que así podades tervos en conta e que a vida resulte algo máis sinxela. Ahhh, tamén teño que dicir que unha das primeiras recomendacións das sesións era botarlle un ollo ó libro "Nacidos para correr", de Christopher Macdougall, que para mín marcou un antes e un despois no tema de plantexarme correr coma un exercicio apto para mín.



E creo que por hoxe xa escribín suficiente, agora toca relaxar o corpo un pouco antes de ir durmir.

Día 3 do meu ciclo: fase menstrual
 

Mojo

Moitas veces escoitei aquilo de que unha non sabe o que ten ata que o perde. Pois eu sabía o que tiña, sabía que a miña relación con Mojo era do mellor que tiña nesta vida. Podo ter moitas creencias, sentir que sigue conmigo, que está noutro plano ou calquer outra idea similar. Na práctica, non está, non vive conmigo por moito que viva no meu corazón, non compartimos momentos por moito que esté sempre conmigo, non haberá máis bicos de Mojo que me inchen os beizos pola alerxia, non me pedirá que o leve a comer a súa comida, nen tampouco que lle abra para que poida saír, non escoitarei o seu ronroneo ó acaricialo ou simplemente ó miralo... Son moitas as situacións cotiás que xa non voltarán a ser entre Mojo e máis eu, moitas vivencias novas que xa non compartirei con él, e isto doe, doe profundamente.

Ó pouco de que morrera, unha amiga común, coa que xa non tiñamos relación, escribiume polo whatsapp e resonan no meu corazón as súas verbas, que vou a escribir aquí, xa que foron moi importantes para mín, neses momentos nos que a morte de Mojo, por ser un gato, non lle importou a case ninguén do meu contorno. I ela, dende a distancia, díxome isto: "... gracias por haberme regalado la oportunidad de formar una pequeña parte de vuestra bella historia de amor!!"

Mojo encheu o meu corazón e o de cada quen que tiña a oportunidade de coñecelo, fixo moito ben. Era o mellor gato do mundo.

Día 2 do meu ciclo: fase menstrual

  

4 abr 2014

O galego non é a miña lingua nai

Así tal cual está escrito no título, o galego non é a miña lingua nai. A miña nai non falaba en galego conmigo cando eu era pequena, tampouco o facía meu pai, nen os meus avós, nen as mulleres que me coidaron. Se cadra algún tío meu falaba algo de galego, ou falouno nalgunha época, e pode ser que escoitara algo de galego na aldea, ou algunha frase do meu avó materno. Na miña cidade, Ferrol, non se falaba galego, e pouco se fala nestes tempos. Total, que eu nunca quixen saber nada de falar galego, tiña moitos discursos ó respecto e ata nalgunhas épocas da miña vida, a miña actitude para con quen o falaba non era moi boa.

Cousas da vida, que aprendo outros idiomas, e sigo renegando do galego, lembro que na universidade en Madrid tiña dúas compañeiras que eran galegas das que falaban galego, e moitas veces falábanme en galego e eu facía por non entendelas. É o que ten a ignorancia. Bueno, pois vou a Londres un mes e atópome tratando de falar inglés. E ahí doume conta, cando escoito o inglés de diferentes zonas de Londres (que en nada se parecen ó inglés que estudamos), de que me estou a esforzar por falar unha lingua que pouco ten que ver conmigo e que se alonxa bastante da miña lingua materna, que é o castelán. Por cousas de vida cando estou en de volta en España decido relacionarme con un amigo e compañeiro de profesión que fala en galego. E como cando estás noutros lugares perdes un pouco a vergonza, comecei a intentar expresarme na escrita en galego. Pasou un tempo e intenteino na fala, teño que decir que para mín é moito máis doado que na escrita nun lugar con tantos castelanismos, e que se o sei, comezo a falalo antes que a escribilo.

Hoxe en día, emprego case todo o tempo o galego, e resúltame moi curioso que como o galego que aprendín é o galego das rías baixas, concretamente do Morrazo, para quen me escoita ou me lee agora, a miña orixe é esta. Tanto me ten, e ben bonito me parece. Outra cousa que me resulta curiosa é que os meus, entre eles a miña familia, non me entenden moi ben (ou o intentan pouco) cando lles falo en galego, tamén é certo que me sae máis natural falar con eles en castelán. Isto paréceme bonito e triste ó mesmo tempo, bonito porque falo no que me peta con quen me peta, xa sexa inglés, galego ou portugués; e triste porque algúns que falan outros idiomas nunca farán por coñecer a lingua da nosa terra. Esa lingua que tan ben me sona cando a escoito na boca dalgunha meniña ou nalgunha canción, que tanto me gusta para expresarme escribindo ou falando, e que me presta escoitar e falar cando agarimo ós meus.

Día 4 do meu ciclo: fase menstrual

  

A miña masturbación

grazas ó meu amigo andrés pola foto

Hoxe tocou noite sen durmir e cando unha non durme, pois aproveita para se coñecer un pouco máis e ler en profundidade artigos que quedaron pendientes de ler realizando unha viaxe introspectiva. O artigo sae no libro "Cartas desde mi propio cuarto, colección 2013", de Camino Rubí, e versa sobre a menstruación feminina. Animando a escribir sobre ela e sacala á luz, e non sobre esa en xeral, máis ben sobre a de cada unha de nós. Así que aquí estou facendo os deberes para conmigo misma, que da moito gustiño.

O primeiro que me apetece contar é que me masturbo dende que teño uso de razón e que a maioría das veces era algo a escondidas. De sempre tiven xogos sexuais conmigo misma, cos meus bonecos, con lápices, con almofadas, coas mesmas bragas... as posibilidades son infinitas. A mín o único que non me molaba era facelo diante dos adultos, e a risco de dañar conciencias direi que agora que sei que sufrín abusos sexuais na infancia por parte de adultos podo comprenderme mellor con respecto ó sexo. Pola contra era capaz de facelo diante de calquera amiga ou amigo, e participar de encontros (chamados xogos) sexuais en parellas, tríos, cuartetos ou o que se prestara. Tanto se prestou a historia que nunha ocasión eu masturbeime diante dun grupo de rapaces e rapazas, empregando para a ocasión un boneco. E alguén foi a avisar a algún adulto e a mín nunca xamáis se me ocurriu masturbarme en público, e decidín tamén masturbarme pouco con amigas e conmigo mesma. A represión e a burla que rodea á masturbación feminina resulta moi cruel cando eres unha nena.

Cando cheguei a adolescencia, que para mín foi prontiño, xa que menstruei moi nova (ós 11) e estaba activa sexualmente a temprana idade, voltei a querer tocarme diante doutros e a querer tocar a outros, total que decidín facelo e non foi ben mirado. Así que outra vez quedoume claro que masturbarse non era posible, nin estaba ben visto, nin con amigos, nin con amigas, nin na intimidade. E tampouco falar do acontecido durante anos, era como se todas e todos, agora de adultos, tivéramos que ser doutro xeito. Adiós á naturalidade, á espontaneidade, a vivirnos e disfrutarnos sen complexos, e tamén adiós a falar do que sentíamos. Comeza aquí a auténtica represión do ser, e sobre todo, do ser muller. As que aínda queríamos falar diso, achegámonos máis ós homes, xa que eles sí tiñan permitido falar de masturbarse, de sexo e de todas esas cousas. Total, que eu acabei con novio moi pronto e un dos meus principais motivos era que quería ter sexo, con él, conmigo e con todo.

A partir deste momento a miña vida sexual morreu un pouco máis e participei do rol de muller que complace ó home, atrás quedou o meu propio placer cando se xuntou co amor de parella. En mín liáronse tódolos términos e rematei por aborrecer a masturbación, só cabía en mín a posibilidade de disfrutar tendo sexo coa miña parella. O resultado foi que non disfrutaba todo o que me apetecía, que a miña sede sexual non se saciaba e entón comecei a disfrutar coa miña mente, coas miñas fantasías, o cal creo que foi peor, xa que ó non darlle saída a través do corpo, formaron unha maraña moi grande que aínda estou desentramando. Durante moitos anos, con diferentes parellas ou compañeiros sexuais seguín negándome a masturbación. Foi necesario quedarme completamente sola, cambiar de cidade, cambiar de vida... para que reconectase con tan inmenso placer e comezase a vivirme de volta.

A todo isto, eu xa tiña 26 anos, e me perdera moito, moito de mín a través do meu sexo, e do sexo conmigo. Como nunca é tarde recuperei o tempo perdido, masturbeime moito sola, e fíxeno con máis xente e para máis xente, dándome igual como facelo e onde facelo. O mellor de todo, foi que perdín o asco e o medo á masturbación, e tamén a culpa foi desaparendo coa práctica. E cambiando isto, cambiou toda a miña vida, sexual e en xeral. Descubrín tódalas miñas facetas sexuáis e dinlles saída a case todas. Unha das que máis me costou sacar foi o meu amor polos peitos, o que me excitan os peitos é algo fora de serie. E tamén que adoro masturbarme e masturbar a outros, tanto mulleres coma homes. Non así que me masturben e xa non me culpo, nin peno por isto.

Despois de falar de tódalas tribulacións que rodean a miña masturbación, comento que o meu xeito de facelo varía segundo a fase menstrual na que atope. Por exemplo, un día ou dous antes de menstruar eu doume pracer co simple roce dunha sábana, non preciso moito máis, nin físico, nin imaxinario. Noutros momentos, como cando ovulo, gústame prepararme para o acto, con música, con imaxes, con xoguetes... e extender o placer ata o infinito. Independientemente da fase na que esté, aprobeito cando estou na ducha para eyacular a gusto, xa que se non hai auga de por medio, cústame moito facelo.

Agora comento que as miñas experiencias, seguro que son compartidas por moitas de vos, así que vos animo a que as contedes, se non queredes facelo nun blogue, facédeo coas vosas mulleres. Falar da masturbación feminina é necesario, debémonolo despois de tantos anos de represión.

Día 3 do meu ciclo: fase menstrual

1 abr 2014

Nun suspiro

Coma nun suspiro remataron os 21 dsg, os 21 dscb non tiveron éxito. Para outra vez será ;). Deixei de contar as miñas experiencias esperando á menstruación que estivo ahí latexando unha semaniña, quedou en "stand by" dende que me pechei coa partida do meu amigo Mojo. Onte conseguín abrirme de volta, volver a expresarme, a non deixar palabras na miña mente e a traelas ó meu corazón. Por fin respiro, e desapareceu o nó que tiña na garganta dende a noite do venres (que se me formou despois de 5 días calando). Eu calo pouco, e cando calo, enfermo, é o que ten ser faladoira.

Sei que me lío algunhas veces, así que irei ó gran, que non é outro que o trigo. A miña experiencia en xeral é moi positiva, estou contenta con ter dado o paso de deixar un alimento e cumplilo. Os beneficios a nivel orgánico foron inmensos, o máis destacable é que as dixestións eran moi livianas, e a miña movilidade intestinal unha maravilla, favorecida ademáis por uns restos de moi bo aspecto, sólidos e sen mal olor. E, outra cousa que destaco a este nivel é o cambio na cor da pel (motivado tamén por tomar algo laranxa cada día) e no pelo, que está máis forte, máis vivo. A nivel emocional, destaco a liberación de memorias que xa tiña comentado, ademáis do aumento de autoestima provocado por lograr a meta que me propuxera. Onte comecei a tomalo de novo e pasei unha noite moi revolta, o cal pode ser tamén por menstruar por fin despois da pérdida dun dos meus mellores amigos e xusto despois do meu último aborto. Hai moito que limpar, moito que depurar, con dous duelos que se solapan, o de Lola e o de Mojo, grandes soles e lúas da miña vida. Ambos son duelos moi diferentes, e similares, ambos me deixan con moito amor no corazón. E que sen dúbida xeraron cambios no meu exterior e no meu interior, todo ten un matiz diferente. Incluso os últimos días dos 21 dsg foron diferentes, e xa me liberara de certas rutinas alimenticias, xa non me custaba tanto renunciar ó pan.

Sigo moitas veces os momentos astrolóxicos e agradezo menstruar coa influencia da lúa nova do 30 de marzo en Aries, que según conta a astroloxía, ten moito que ver coa renovación. E dende onte, que fun capaz de voltar á presencia no presente, síntome realmente renovada. Apúntome hoxe a danzar coa miña sangue, sentir a través dela o calor do meu interior, saborear o que me recorre por dentro... sangue de vida.

Seguirei contando as miñas experiencias vitais, sempre dende un punto de vista feminino, que é o sexo que vivo cada día.

Día 1 do meu ciclo: fase menstrual (cova)

  

21 mar 2014

12/21 dsg + 5/21 dscb

Imaxe de BlueRidgeKitties
Gústame moito o sol e gústame moito a choiva, teño sorte de que o lugar onde vivo satisfaga por igual a miña necesidade de cada unha delas. Como para mostra ben vale un botón, comparto con vos este anuncio que ben reflexa o meu sentir. Case sempre que miro este anuncio lémbrome dos preciosos deseños para camisetas que elabora unha muller da que me namorei hai anos, xa que hai varios coas verbas "¡pois que chova!" (como este).

E agora que xa tedes algunhas pistas do meu estado mentres vos escribo, douvos a nova de que os días sen glute están sendo fascinantes. Estou descubrindo vellas-novas-bellas facetas, emocións, xestións, capacidades... que me teñen abraiada e namorada da vida que habito e que me habita, que habitamos habitándonos. E por encima de todo destaco a facilidade coa que o malestar ou sufrimento desaparecen, marchando moitas veces sen que eu sexa consciente, é unha maravilla!

Sobre as miñas apetencias direi que esta semana estou sendo máis preguizosa para cociñar e que iso desaxusta os meus horarios de comidas. Sinto que ten que ver con deixar os refrescos e os snacks (cb), é algo que me custa moito e paréceme que estou poñendo certa resistencia ó cambio. Sorprendentemente isto motívame.

Día 25 do meu ciclo: fase premenstrual