Páginas

5 dic 2012

Vida Animal

Boas :)

Xusto uns días antes da anterior entrada, que ten xa máis dun mes, fixen un curso de esencias floráis para animáis. E hoxe recibín o primeiro pedido de esencias para traballar como terapeuta floral, estou coma cando era nena cos agasallos de nadal. Tal e coma eu intuía, as esencias "flores del alba", teñen bo nivel vibracional, eu estou marabillada soamente con telas na casa. Ademáis comprobei que "mediterraneo" elabora "flores de Bach" que teñen tamén bo nivel vibracional, iso sí, menos elevado que as "flores del alba". O difusor de aceites esenciais foi o primeiro que probei para difundir aceites esenciais "young living", unha auténtica delicia, cun gran poder curativo. Ditas esencias foron recomendadas por Lina María Lamos (Animal's Universe) para tratar a un dos gatos da miña familia, Mojo.E a verdade e que estannos sentando a todos de marabilla.



Gustaríame falar un pouco da miña experiencia coa terapia animal. Coma sucedera cando fixen o curso de comunicación animal, o curso de esencias florais espertou moitas partes miñas que estaban aletargadas. Entre elas atopábase a comunicación animal, que ía navegando por diferentes planos dentro de mín, e con ela, ían e viñan moitas capacidades persoais que durmían e espertaban alternativamente dende que recuperara a comunicación cos animáis. O que sucedía todo este tempo era que eu chegaba a un punto no que xa non me permitía avanzar e entón pechábame a percibir. Despois aparecía algún animal a través do seu humano, para que o buscara, ou lle fixera terapia, ou simplemente comunicándose conmigo de corazón a corazón e abríame de volta.

Neste mes que estiven lonxe das redes, compartín tempo cunha muller menciña, Ayawitl, coa que aprendín moitísimo sobre a vida, e coa que sigo aprendendo día a día. Aínda que agora estemos lonxe físicamente, as súas ensinanzas acompáñanme e o seu efecto, o dela propio, segue conmigo de sol a sol. Así que agora teño claro que a comunicación cos animáis é a miña vida animal, que deles aprendín moito, quero seguir facéndoo e de feito fágoo. O cambio que hai nestes momentos en mín, é que por fin logrei emponderarme, como muller, como terapeuta, como comunicadora, como ser... como animal.

Estou agradecida ó universo por darme a oportunidade de compartir unha parte do meu camiño con Ayawitl e con Olga Porqueras (Tama's Essences), ambas mulleres marabillosas, loitadoras, revolucionarias... emponderadas.

Que todas recuperemos a comunicación cos animáis, cos nosos irmáns, con nos mesmas.

Unha aperta de corazón a corazón.

Encarna Llor

Día 30: fase premenstrual