Páginas

26 ene 2013

Primeira menstruación do 2013

Son moitas as ocasións nas que precisamos períodos de descanso, e no inverno todo o universo conspira para os teñas, xa sexa polo frío, a choiva, algún catarro... Se a isto xuntamos a fase menstrual do noso ciclo pois a necesidade de parar por completo pasa a ser unha prioridade.

Obra de Menstrala - Vanessa Tiegs
Agora mesmo, estou na fase menstrual, recén saída de dous procesos case consecutivos de gripe. O meu corpo pedírame a gritos que o escoitara, así que comecei a miña fase menstrual moi atenta ás súas verbas. Empecei a ter contraccións fortes que me provocaban dor, cando pasaron coma 15 minutos comecei a respirar co meu útero, a acompañalo en cada contracción. Entón a dor comezou a diminuír e decidín apoiar o proceso cun orgasmo, así que masturbeime e o meu útero quedouse relaxado e activado ó mesmo tempo. A partir deste momento, non hubo ningunha molestia máis.

Coma case sempre decidín non empregar a copa menstrual nas primeiras horas, xa que é moi gustoso sentir coma o sangue escorrega pola miña vaxina, empapa os meus beizos e o meu periné, chegando incluso a esbarar polas miñas pernas.

Pasadas unhas horas decidín poñerme a copa para poder aproveitar o sangue. Cando saquei a copa atopeime cun sangue escuro, espeso, con bastantes coágulos, así que o primeiro que fixen foi meter os dedos para xogar con eles, tocalos, ulilos, experimentar cunha parte de mín. As seguintes copas xa foron menos espesas e fixen o habitual, diluílas en auga para regar as prantas, que boa falta lles facía, xa que a menstruación anterior non a pasara na casa. Tamén aproveitei que me ía duchar para misturar un pouco do sangue con xabón e empregalo de acondicionador.

Ata aquí tratei de expresar o que sucedía a un nivel máis físico, o cal é complicado, xa que por sorte todo está unido. Pretendo agora falar das emocións que rodearon os procesos anteriores.
No momento no que sentín dor polar contraccións, apoderouse de mín un vello sentimento, a menstruación doe, por uns minutos pensei que era así, que ía ser unha menstruación dolorosa. Entón compartín a visión co meu compañeiro e ó verbalizala fun conscente de que estaba deixando ó corpo da dor tomar o control. Foi cando comecei a respirar co meu útero, que respondeu agradecido á miña presencia e chorei, chorei a mares, xa que o meu útero soamente quería ser escoitado, en canto foi escoitado e acompañado, todo estivo ben. Unha paz inmensa recorreu o meu corpo.
Coa paz e a presencia, masturbarme e ter un orgasmo foi moi sinxelo, pracenteiro, aquecedor e satisfactorio. Xusto despois de correrme, sentín coma un líquido aínda máis quente saía con moita forza cara a fora. E sentinme feliz e dichosa de estar en contacto cos meus fluídos, de sentilos, de escoitalos, de disfrutalos... Seguía coa man na vulva, así que aproveitei para recoller un pouco de sangue coas miñas mans, a ulín e emborracheime co seu cheiro. Trasladoume ó meu centro, ó meu lugar sagrado, levoume a mín a dentro de mín, e tamén a fora, a conter e a ser contida... a ser unha e toda, toda e unha.
Deixar fluír o sangue, xogar con él, empregalo para regar as prantas, a pel, o pelo... seguiron e seguen, conectándome conmigo mesma e con tódalas mulleres.

Para rematar falarei dalgo que me acompañou este comezo de ciclo menstrual. Despois de ducharme xunto co meu compañeiro, deitámonos na cama a esperar a que secase o chan e él colocoume un coxín con forma de corazón no útero e díxome, para protexer o útero. Eu quedei marabillada e pregunteille que o levara a facelo, e non hubo un motivo, foi algo instintivo. Conto isto para dicirvos, que cando nos permitimos ser, permitimos que os demáis sexan. Se deixamos fluír, todo fluirá ó noso arredor. E tamén, que os homes precisan saber para poder actuar conscentes e dende o corazón.

Disfrutade de vos como mulleres e como homes e compartide as vosas experiencias, soamente así poderemos ser en plenitude.

Apertas vermellas, cálidas e húmidas.

Día 4: fase menstrual