Páginas

29 ago 2013

Intimarme

Boas!

Dende hai un ano, estou sumerxida nunha profunda viaxe tanto ó meu interior coma ó meu exterior. Nos últimos meses atopeime coa miña intimidade e comecei a intimar conmigo mesma e cos meus. Dinme conta de que moitas veces nos perdemos en palabras, en acontecementos... perdéndonos. Apreciei que detrás da facilidade de palabra, escondíase unha necesidade, a de ser valorada e escoitada polos demáis. Así que en canto eu comecei a escoitarme e a valorarme, a necesidade de falar constántemente, foise diluindo.

Este é un exemplo da transformación dunha das creencias que conforman as miñas diferentes máscaras. O proceso de cambio desta máscara e doutras, a mín levoume a unha encrucillada, á incertidumbre, e a repetirme ata o infinito: "e agora, ¿quen son?" Afortunadamente, conseguín intimar un pouco máis e deixei de facerme esa pregunta. Atopeime dentro e fora de mín mesma, mireime e mirei o meu contorno.

Agradezo que a menciña do oso me acompañe ^^



Cada viaxe é diferente para cada quen, e todos temos os nosos camiños, para mín intimar foi e sigue sendo algo maravilloso e necesario nestes momentos. ¿Sabes que é o que precisas ti?

Apertas e felices lúas e soles.

Encarna Llor