Páginas

29 abr 2014

7 días correndo

Esta é a miña terceira semana correndo, concretamente o meu séptimo día. Comecei a correr o 14 de abril, seguindo un entrenamento que me fun descargando día por día a través da páxina web da aplicación runtastic. Ademáis hoxe decidín estrear unhas zapatillas que me chegaron onte, as vibram five fingers treksport sandal (que son as que mirades baixo estas líneas)

O conto destas zapatillas é que teñen un oco para cada dedo do pe, ademáis de cumplir co concepto de zapatillas minimalistas, nas que a suela é moi fina, e a estructura xeral fai que se adapten perfectamente ó teu pe. Como é un concepto novo para mín, do que leín moito, pero que estou probando dende hai dous días, prefiro remitirvos a varias ligazóns sobre o concepto de zapatillas minimalistas, zapatillas minimalistas, zami (que ofrece só por rexistrarte unha guía para correr minimalista), ventajas de correr con zapatillas minimalistaszapatillas minimalistas vs zapatillas amortiguadas (dun dos blogues que máis leo últimamente, cualquiera puede hacerlo).

Eu non teño aínda unha técnica de carreira, posto que levo 6 días de entrenamento, así que decidín saltarme o periodo de adaptación necesario para quenes teñen unha técnica establecida, e saín a correr con elas hoxe, despois de estar todo o día de onte con elas, para pasear, comprar, conducir... A experiencia foi maravillosa, sentir o que estaba pisando resultoume moi agradable e tamén notar tódolos dedos e empregalos para correr foi moi placentero. O meu ritmo era suave, non polas novas sensacións, máis ben porque estaba a chover, porque había moita néboa e sobre todo porque estou no terceiro día do meu ciclo menstrual (menstruando). E unha quere facer deporte téndose en conta a ela mesma como muller, así que fun ó ritmo de respirar sen ningunha dificultade (o meu ritmo habitual é respirar sen chegar a jadear). Indo deste xeito estiven pendiente da miña postura, primeiro tratando de ir recta (isto supón un esforzo para mín, posto que o tono muscular da miña faixa abdominal está moi baixo), segundo tratando de separar os pes (eu camiño e corro sen separalos ó ancho das miñas cadeiras, o cal xérame inestabilidade), e terceiro, tratando de emular o xeito de correr amosado neste vídeo. Isto último foi o máis complicado de facer e tamén o que máis emocións xerou en mín.

O resume en números da carreira de hoxe foi que corrín 2,5 km a unha velocidade de 4,64 km/h.

O resume en sensacións foi que sentín moita liberdade, que a miña pegada era suave e firme, que era capaz de ir ó ritmo que eu quixera e que o chan está vivo, que ten formas e texturas que os meus pes poden apreciar e ás que se poden adaptar perfectamente.

Animo a calquera que me lea a que saia a correr, se eres muller, aproveita na túa fase preovulatoria para probar a correr, é unha auténtica gozada, e se te enganchas a isto de correr, baixa o ritmo ou se queres non fagas nada na fase premenstrual e se cadra os primeiros días da menstrual.

Mmmm, posto que o que acabo de escribir sobre as fases menstruais ten a súa orixe en ter feito as (primeiras) sesións de profundización do ciclo menstrual de Camino Rúbí, anímovos a facer a 3ª edición (que abriu o prazo de inscripción onte), para que así podades tervos en conta e que a vida resulte algo máis sinxela. Ahhh, tamén teño que dicir que unha das primeiras recomendacións das sesións era botarlle un ollo ó libro "Nacidos para correr", de Christopher Macdougall, que para mín marcou un antes e un despois no tema de plantexarme correr coma un exercicio apto para mín.



E creo que por hoxe xa escribín suficiente, agora toca relaxar o corpo un pouco antes de ir durmir.

Día 3 do meu ciclo: fase menstrual
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario