Páginas

29 abr 2014

Mojo

Moitas veces escoitei aquilo de que unha non sabe o que ten ata que o perde. Pois eu sabía o que tiña, sabía que a miña relación con Mojo era do mellor que tiña nesta vida. Podo ter moitas creencias, sentir que sigue conmigo, que está noutro plano ou calquer outra idea similar. Na práctica, non está, non vive conmigo por moito que viva no meu corazón, non compartimos momentos por moito que esté sempre conmigo, non haberá máis bicos de Mojo que me inchen os beizos pola alerxia, non me pedirá que o leve a comer a súa comida, nen tampouco que lle abra para que poida saír, non escoitarei o seu ronroneo ó acaricialo ou simplemente ó miralo... Son moitas as situacións cotiás que xa non voltarán a ser entre Mojo e máis eu, moitas vivencias novas que xa non compartirei con él, e isto doe, doe profundamente.

Ó pouco de que morrera, unha amiga común, coa que xa non tiñamos relación, escribiume polo whatsapp e resonan no meu corazón as súas verbas, que vou a escribir aquí, xa que foron moi importantes para mín, neses momentos nos que a morte de Mojo, por ser un gato, non lle importou a case ninguén do meu contorno. I ela, dende a distancia, díxome isto: "... gracias por haberme regalado la oportunidad de formar una pequeña parte de vuestra bella historia de amor!!"

Mojo encheu o meu corazón e o de cada quen que tiña a oportunidade de coñecelo, fixo moito ben. Era o mellor gato do mundo.

Día 2 do meu ciclo: fase menstrual

  

1 comentario:

  1. Animo encarna! Yo si se lo q se siente!!! Y se lo q duele! Cuando hay consciencia la relación con otro ser va más allá de la raza,de si es animal o humano,del sexo...es una relación de alma a alma y simplemente esto no está a alcance.de todo el mundo. Animo,el.dolor pasará...

    ResponderEliminar