Escribo de vez en cando, cando elimino certos prexuizos sobre mín mesma que me impiden facelo. Eu realmente adoro escribir e voume convencendo para non facelo, incluso deixo de escribir os meus diarios persoais xa que sinto que as miñas verbas non sirven nin para mín mesma. De feito, levaba coma unha semana querendo escribir sobre o meu corpo e non daba superado a barreira, decíame, total ninguén o leerá. Hoxe atopeime cun desos recursos que gardas para mirar noutro momento, a 8ª videoconferencia de el camino rubí, e mentres a ía escoitando, as miñas trabas ían caíndo e por iso estou aquí expresándome.
Cóntovos isto mentres vou lendo o último artigo de "el camino rubí", Mis tetas. Sí, hoxe e calquer outro día nútrome a través dos infinitos recursos que me proporciona "el camino rubí". E causalmente din cos que precisaba para estar aquí escribindo agora mesmo. Xa que non soamente é un bloqueo escribir para mín, tamén o é expresar determinadas historias que sinto relacionadas co corpo.
Quérovos falar da imaxe que temos de nós mesmas e de como seguindo diferentes ideoloxías ou filosofías imos dun extremo ó outro, sen permitirnos realmente sentirnos sendo nós ou ser nós sentíndonos. Hai tempo escribín xa un artigo, os meus "desórdenes" alimenticios, no que falaba un pouco sobre o tema . E quero darlle un xiro de rosca máis ó asunto.
Case sempre estiven controlada pola miña necesidade de agradar ós demáis e en numerosas ocasións intentei facelo a través do meu corpo físico. Algunhas veces conseguín o meu obxetivo, outras non. Pouco a pouco funme desprendendo desta idea de empregar o corpo para agradar ós demáis, convencéndome de que o interior era moito máis importante. No camiño acepteime tal e como son e entón deixei de querer agradar a ninguén, nin sequera a mín mesma.
Unha parte do meu corpo que adoro estando delgada |
Para mín seguir buscando solucións a supostos problemas, so fai que nos ocultemos de nós mesmas, do que realmente sentimos. Se non nos gusta o noso corpo físico, busquémoslle tamén unha solución para él e deixémonos de estar todo o tempo co corpo mental e emocional. O corpo físico é o temos máis a man, o que podermos mirar, palpar, saborear, ulir e escoitar sexa cal sexa a nosa situación (esceptuando calquer limitación física que o impida). Así que démoslle o seu espazo e traballémolo se o precisamos e é posible (por exemplo podo cambiarme o color de pelo radicalmente, pero non cambiarme a forma da nariz totalmente). Eu sinto que facer exercicio do tipo que sexa, é imprescindible para o noso corpo físico, da igual que sexan estiramentos convencionais, camiñar, algunha carreira... comezade hoxe a darlle espazo, a darvos espazo.
Apertas e boa vida!
Día 12: fase preovulatoria
No hay comentarios:
Publicar un comentario