Páginas

31 oct 2013

O corpo palpable

Boas :)

 Escribo de vez en cando, cando elimino certos prexuizos sobre mín mesma que me impiden facelo. Eu realmente adoro escribir e voume convencendo para non facelo, incluso deixo de escribir os meus diarios persoais xa que sinto que as miñas verbas non sirven nin para mín mesma. De feito, levaba coma unha semana querendo escribir sobre o meu corpo e non daba superado a barreira, decíame, total ninguén o leerá. Hoxe atopeime cun desos recursos que gardas para mirar noutro momento, a 8ª videoconferencia de el camino rubí, e mentres a ía escoitando, as miñas trabas ían caíndo e por iso estou aquí expresándome.

  Cóntovos isto mentres vou lendo o último artigo de "el camino rubí", Mis tetas. Sí, hoxe e calquer outro día nútrome a través dos infinitos recursos que me proporciona "el camino rubí". E causalmente din cos que precisaba para estar aquí escribindo agora mesmo. Xa que non soamente é un bloqueo escribir para mín, tamén o é expresar determinadas historias que sinto relacionadas co corpo.

Quérovos falar da imaxe que temos de nós mesmas e de como seguindo diferentes ideoloxías ou filosofías imos dun extremo ó outro, sen permitirnos realmente sentirnos sendo nós ou ser nós sentíndonos. Hai tempo escribín xa un artigo, os meus "desórdenes" alimenticios, no que falaba un pouco sobre o tema . E quero darlle un xiro de rosca máis ó asunto.

 Case sempre estiven controlada pola miña necesidade de agradar ós demáis e en numerosas ocasións intentei facelo a través do meu corpo físico. Algunhas veces conseguín o meu obxetivo, outras non. Pouco a pouco funme desprendendo desta idea de empregar o corpo para agradar ós demáis, convencéndome de que o interior era moito máis importante. No camiño acepteime tal e como son e entón deixei de querer agradar a ninguén, nin sequera a mín mesma.

Unha parte do meu corpo que adoro estando delgada
Todo isto parece moi bonito e moi sinxelo, pero non o é, e non o é porque custa moito desprenderse da imaxe que unha ten de unha mesma por moito que te aceptes. De feito o que eu sinto agora é que non hai que desprenderse desa imaxe, que hai que escoitala, que hai que acollela e deixarse das obligacións impostas (nin teño que estar delgada, nin me teño que aceptar gorda se non me gusto gorda). Isto último é o que me pasa agora, e me leva pasando toda a vida, eu non me gusto, non me gozo da mesma maneira cando estou gorda que cando estou delgada. E estou cansada de facer terapia ó respecto, quérome moito, moitísimo, e acéptome tal cual son. Simplemente cando estou delgada eses sentimentos multiplícanse por 2, por 3 ou por 1000, ata que chego ó narcisismo e enamórome profundamente da miña imaxe.



 Para mín seguir buscando solucións a supostos problemas, so fai que nos ocultemos de nós mesmas, do que realmente sentimos. Se non nos gusta o noso corpo físico, busquémoslle tamén unha solución para él e deixémonos de estar todo o tempo co corpo mental e emocional. O corpo físico é o temos máis a man, o que podermos mirar, palpar, saborear, ulir e escoitar sexa cal sexa a nosa situación (esceptuando calquer limitación física que o impida). Así que démoslle o seu espazo e traballémolo se o precisamos e é posible (por exemplo podo cambiarme o color de pelo radicalmente, pero non cambiarme a forma da nariz totalmente). Eu sinto que facer exercicio do tipo que sexa, é imprescindible para o noso corpo físico, da igual que sexan estiramentos convencionais, camiñar, algunha carreira... comezade hoxe a darlle espazo, a darvos espazo.

Apertas e boa vida!

Día 12: fase preovulatoria

17 sept 2013

Xulgar

Boas :)

Onte atopeime sacando ó exterior un debate composto por ideas, sensacións e emocións, que levan tempo dando voltas no meu interior. O tema central era a palabra "xulgar", podedes mirar aquí os seus significados e despois seguir lendo.


Unha das cousas que máis me estaba a amolar dende hai tempo era o concepto que tiña eu, e que comparto con outra xente, de que xulgar é negativo e polo tanto débese evitar. Para empezar isto último que acabo de decir é xa un xuizo e para rematar presento unha idea: se un xuizo é considerado negativo tense que obviar, e pola contra se un xuizo é positivo tense que decir ata a saciedade.

Todo este tema xérame moitas preguntas: que sería de nós se nunca tivésemos a opinión ou as ideas doutros sobre nós ou os nosos actos? E falo tanto de valoracións consideradas positivas como as consideradas negativas. Que sería de nós se non emitísemos ningún xuizo, nin dalgo, nin dalguén?


O que decidín é aceptar que vivo definindo o que me rodea en base a xuizos, as cousas séntanme mellor o peor, atópome ben ou mal, isto gústame ou non me gusta, prefiro mar ou montaña... todo isto é facer o que din dúas das acepcións de xulgar: chegar a ter unha idea determinada sobre algo ou alguén, e, tirar como conclusión sobre un asunto. Ata aquí xulgar sería algo cotidián, normal e necesario!, o problema nace cando falamos da outra acepción: someter á decisión dun tribunal, e pronunciar este sentenza. Aquí saltan as nosas alarmas e nalgún momento xuntamos tódolos conceptos para culpabilizarnos por emitir xuizos, sentíndonos como se estivésemos condeando a algo ou a alguén polo feito de ter unha opinión. E se alguén nos da a súa opinión sentímonos maltratadas, a non ser que nos digan algo positivo que entón sentímonos halagadas. Calquera destas historias xera dependencia e inseguridade. Primeiro sentímonos inferiores cando nos dicen algo que é considerado negativo. E despois necesitamos que alguén emita conclusións positivas, se non o fan, a nosa autoestima disminue moitísimo.Cando nos negamos a xulgar, por mor da culpa, estámonos reprimindo e o único que facemos é non verbalizar parte do que sentimos, tanto por nós, como polos demáis ou en calquer situación. Eu sinto que isto quédase dentro e vaise transformando, ata que chega un día que decimos ou facemos algo que representa esa represión, cunha magnitude moito maior.

Prefiro decir o que sinto con respeto, que gardalo no interior faltándome ó respeto a mín mesma e ó outro.

Felicies lúas e soles.
Encarna Llor

Día 34: fase premenstrual

29 ago 2013

Intimarme

Boas!

Dende hai un ano, estou sumerxida nunha profunda viaxe tanto ó meu interior coma ó meu exterior. Nos últimos meses atopeime coa miña intimidade e comecei a intimar conmigo mesma e cos meus. Dinme conta de que moitas veces nos perdemos en palabras, en acontecementos... perdéndonos. Apreciei que detrás da facilidade de palabra, escondíase unha necesidade, a de ser valorada e escoitada polos demáis. Así que en canto eu comecei a escoitarme e a valorarme, a necesidade de falar constántemente, foise diluindo.

Este é un exemplo da transformación dunha das creencias que conforman as miñas diferentes máscaras. O proceso de cambio desta máscara e doutras, a mín levoume a unha encrucillada, á incertidumbre, e a repetirme ata o infinito: "e agora, ¿quen son?" Afortunadamente, conseguín intimar un pouco máis e deixei de facerme esa pregunta. Atopeime dentro e fora de mín mesma, mireime e mirei o meu contorno.

Agradezo que a menciña do oso me acompañe ^^



Cada viaxe é diferente para cada quen, e todos temos os nosos camiños, para mín intimar foi e sigue sendo algo maravilloso e necesario nestes momentos. ¿Sabes que é o que precisas ti?

Apertas e felices lúas e soles.

Encarna Llor

4 may 2013

Arteterapia

Boas!

Hai unhas horas mentres camiñaba pola rúa, dinme conta de que me sinto diferente, teño outro andar, outra postura, outra respiración, outra mirada, outra forma de estar no mundo... outro sentir. Entón mirei cara un bosqueciño cercano e co verde viu a mín unha imaxe, a da camelia que pintei en arterapia en Eomaia. E, fun máis consciente aínda do ben que supuxo para mín a sesión do martes coa camelia, co meu interior, co meu exterior, coa vida mesma.

Cóntovos un pouco máis da experiencia. Cheguei un pouco tarde á clase e entón pintei noutra habitación e, como eu desexara o día anterior, pintei con pinturas pastel por suxerencia das facilitadoras da sesión, Luzía Titán e Donatienne Theytaz. Déronme tamén unha camelia para que fora a miña inspiración e eu decidín empregala como modelo. Comecei a pintar polo centro, indo cara a fora pouco a pouco, rodeando o centro, circulando... Houbo un momento no que fun consciente de que sentía que eu era a camelia e ía dándome dende dentro protección, sacando o de dentro cara fora. Cando rematei a camelia, sen ter rematado o fondo, xunteime cos meus compañeiros para facer unha posta en común de cada traballo. Tiven a oportunidade de expresar o que sentín debuxando e agradecer de corazón ás facilitadoras a proposta de traballo. Para rematar o debuxo, pintei un fondo verde con follas verdes da camelia, co cal sentín que me anclaba á terra. Foi maravilloso.

O mesmo martes, xa me atopei diferente, e sigo sentindo algo diferente cada día, a medida que me vou enfrentando a diferentes situacións e comprobo que as miñas reacción non son as mesmas. Agora a miña forza interior maniféstase. Síntome segura, valente, decidida, valiosa, amada, capaz e sabia, entre outras moitas emocións que me sorprenden, me agradan e me alegran.


Deixóvos un pequeno exemplo dun traballo que fixen en arteterapia, se consigo foto da camelia, súboa ;)

Aloumiños!

Arco da vella

19 abr 2013

Anticoncepción natural

Boa madrugada.

Esta mañán unha amiga escribiume polo facebook preguntándome métodos de anticoncepción naturais para outra amiga, así que ademáis de fallarlle das miñas propias ideas ó respecto, decidín buscar unha páxina que lle puidera ensinar á sua amiga.

Atopei unha que está ben e quero compartir con vos, planificación familiar natural, na que expoñen o método sintotérmico que aglutina diferentes métodos nun. Todo moi ben explicado dende un punto de vista científico, para min impersoal.

Como a opción anterior non me gustaba demasiado, busquei nunha das miñas páxinas de referencia "el camino rubí" e atopei o artigo "(auto) gestión de la fertilidad", no que Erika, comparte con nos unha videoconferencia moi completa e con moitas ferramentas para que cada unha de nos controle a sua fertilidade.



Disfrutade destes recursos.

Boa noite.

Encarna Llor

Día 18: fase ovulatoria


8 mar 2013

Son feminista

Boas!

Cos días de inverno case nin me apeteceu escribir, pasei o tempo lendo, aniñada no sofá baixo unha manta ou a carón do lume. Agora que vai saíndo o sol, por fin deixo saír as miñas ideas.

Hoxe recórreme o corpo unha sensación estraña, entendo que haxa un día da muller, xa que seguramente foi necesario nalgún momento darlle algo de valor á muller. O que me sucede é que agora o sinto como algo innecesario e incluso pouco axeitado. Tódolos días son de todas, mulleres e homes, cada día témonos que celebrar. Xa sei que queda moito por andar, e que as mulleres seguimos presas do patriarcado, aínda así, eu prefiro que haxa días para todos, en lugar de días para todo.

Ó leer textos e cartaces do día de hoxe, decateime dalgo que dixo Erika Irusta de el camino rubi hai uns días, eu tamén son feminista. E celebro tódolos días que son muller, non preciso, nin quero un día para mín, quéroos todos para todas e todos.

Disfrutade de vos, do sol, do vento, da lúa e dos cheiros que nos van achegando á primaveira.

Encarna Llor


Día 9: fase preovulatoria



9 feb 2013

Días

Hai días nos que parece que vivimos moitos días, nos que o sol quenta, o aire enfría, as nubes mollan e o vento canta. Son días con moitas emocións, a tristeza por un desencontro, a ledicia por un encontro, a rabia por unha palabra mal dita, a pena por unha palabra mal escoitada, a tranquilidade de falar, a serenidade de escoitar. Nesos días na nosa mente pasan moitas ideas, algunhas emprendedoras, outras que emprenden o camiño hacia o desterro, algunhas que pasan e outras que se quedan, algunhas para compartir, outras para gardalas. Tamén nesos días o noso corpo exprésase de moitas maneiras, coa sede, co choro, coa risa, co temblor, co movemento, co repouso.

Son días coma outros calquera, que vivimos máis intensamente, tendo tamén a oportunidade de vivirnos a nos a os demáis dende diferentes lugares nun mesmo día. Aproveitémolos, e fagamos de cada día un día con moitos días ;)

Felices lúas e soles.

Encarna Llor


Día 17 (escribín o día 8 aínda que o publique o 9): ovulando