Levo 5 días sen glute e a miña vida está dando moitos xiros, liberando e sanando moitas memorias e comportamentos. Está sendo un proceso de sanación duro e reconfortante ó mesmo tempo. Despois de tantos anos procurando información sobre un tema determinado, resulta que deixo de tomar glute durante uns días e as dúbidas disípanse, permitíndome por fin afrontar unha parte da miña verdade, traéndoa da sombra á luz. Ademáis estou mirando con claridade qué conductas me sirven e cales non, depurando moitísimas emocións profundas que deron lugar a certos comportamentos.
En temas de apetencias, direi que merquei diferentes preparados para facer pan, pasteis e pasta sen glute. Por exemplo onte comín ensalada de pasta sen glute e sentoume moi ben, hoxe tomei para almorzar torradas con aceite de oliva que estaban deliciosas, o pan queda de maravilla con esta receita para panificadora feita coa fariña Schär.
Xa vos contarei máis cousas nos próximos días. E se alguén se anima, que o comente por aquí.
Mil bicos!
14 mar 2014
11 mar 2014
2/21 días sen glute (dsg)
Explico un pouco o título, estou no día 2 de 21 días sen glute, que comecei onte, 10 de marzo de 2014.
Agora cóntovos o qué significa para mín 21 días sen glute, significa traballar coa miña mente e cosas miñas adiccións (ou carencias), como cada quen o queira chamar ou identificar. Eu son vegana, polo tanto hai moitos produtos considerados alimentos polos non veganos que non tomo, para mín isto é doado xa que eu decido non comelos por un ben maior, os animáis (o cal leva implícito ó planeta en xeral). O conto cambia cando se trata de alimentos 100% vexetáis que son pouco beneficiosos ou incluso perxudiciais directamente para mín polo feito de comelos. Disto dedúcese que eu non me considero un ben maior, polo menos non tanto como para deixar de tomar certos alimentos polo meu benestar. É certo que noutros aspectos da miña vida compórtome de maneira diferente e valórome. O que sucede é que co tema da alimentación moitas veces resúltame complicado conectar conmigo mesma e coas miñas necesidades. Ademáis de que estou convencida de que deixar certos alimentos, trae consigo depurar certas emocións ou conductas, co cal a misión complícase.
Esta historia non é só miña, é de moitísimas persoas ante diferentes situacións vitais e en particular ante a alimentación. De feito poucas persoas son conscientes do que están comendo e moito menos da repercusión inmediata do que comen. Algúns sabémolo e facémonos inconscientes durante uns minutos, horas, días, semanas, meses ou anos. Hai algo que sabemos todos e é que comemos para vivir, sen comida non viviríamos e moitas veces a comida é a que nos mata, isto tamén o sabemos prácticamente todos. Así é vox pópuli que tomar sal en exceso produce hipertensión, que o consumo de produtos de orixe animal produce entre outras cousas un aumento do colesterol... O que non é vox pópuli é a cantidade de problemas que xera o glute. Sí, todos sabemos dos problemas da intolerancia ó glute, o que non sabemos é en qué consiste e tampouco que hai diferentes graos de tolerancia ou intolerancia. Eu atopei dúas ligazóns que me resultan interesantes con respecto a isto: sensibilidade ó glute e cómo recoñecer a intolerancia ó glute.
Despois desta introdución, quédame comentar que hai anos que sei de todo o que vos comentei, tanto da miña inconsciencia con respecto á comida, como dos problemas que xera comer glute. De feito hai anos vivín prácticamente sen glute, evitándoo a maior parte dos meus días, sobre todo na forma de fariña de trigo. E agora que reflexiono sobre o asunto, paréceme probable que o abuso do glute xere en mín un desaxuste emocional e (isto produza) un aumento de peso incontrolable. Como levo días escoitando ó meu corpo de novo (retomei os exercicios do método mezieres) pediume (pedinme) deixar o glute durante 21 días. Así que comecei onte e hoxe púxenme a buscar información en internet e atopei moitas cousas novas, que non atopara hai anos, dende diferentes síntomas, ata procedementos para autodiagnose (similares ó que eu decidín practicar), ou miles de receitas sen glute!!!
Para rematar cóntovos o que me acontece, estou tendo especial apetencia polas avelás e comelas produce en mín unha sensación moi placentera. Tamén teño moita enerxía, estou sendo capaz de ter a miñas tarefas domésticas ó día (e só levo 2 días), estou máis creativa e poño en práctica os meus pensamentos (estábame custando pasar do pensamento á acción). E con todo isto, o día dame para moitas cousas!, os meus días alongáronse!
Seguirei contando os meus 21 días sen glute (21dsg).
Boa vida!

Día 15: fase ovulatoria
2 mar 2014
Lola
Ábrome en canal outra vez coa necesidade de falar do proceso vital que atraveso agora mesmo. Estou viviendo o duelo pola pérdida dunha filla, Lola, na semana 12 de embarazo. Lola só tivo vida durante 8 semanas, suficientes para comunicarse conmigo e susurrarme en soños o seu nome, para vivir xuntas os paseos mentres a choiva e o vento acariciaban o meu corpo, para gozar da paz debaixo da ducha habitándonos mutuamente, para falarnos e escoitarnos mentres esperábamos a mirarnos. Vivimos xuntas momentos moi doces e moi agrios, o medo ante a fraxilidade, o medo ante a túa morte mantívome nunha burbulla de esperanza e desazón. Eu supen cando marchaches, cando o teu corazón deixou de latir, sabíao e non o quixen aceptar, seguinte nutrindo, seguín intentando que voltaras á vida, a estar conmigo, co teu pai e con tódolos demáis animáis que pudeches sentir connosco. Eses animáis que te coidaron, que me coidaron, que nos coidaron e que nos siguen coidando, coidándome e coidándote. Deixaches parte do teu corpo físico connosco, a túa placenta habitará a terra. Lola, habitas en nós, e nós habitámos en ti. Grazas polo tempo compartido.
5 nov 2013
Vivencias do puerperio do aborto
Boas!
Removida por unha compañeira que está vivindo un aborto espontáneo, revivo os momentos do meu último aborto, hai catro meses. Mentres escribo as bágoas inundan a miña cara, escribindo libero moitas emocións. Estou feliz por poder compartir con vos a miña experiencia, e o que me deu o impulso de escribir foi unha frase que lin no facebook "la felicidad no es un sentimiento, es una decisión". Cando a lin, recapacitei e dinme conta de que é unha verdade para mín nestos momentos. Sorprendinme moito de que fora así e pensei que fora o que me levara a opinar así. Sen dúbida, foi o último aborto espontáneo que vivín, no que deixei que a pena me penetrara ata o máis fondo do meu ser, vivín a frustación da maneira que supen facer, evadinme tomando un par de copas nalgunhas festas do pobo e bailando case ata a saída do sol. Chorei no mar, no sol, no río, nas pedras, nas árbores, no vento, na pel, no ventre. Acompañei a partida do meu fillo durante 40 días. Odiei o meu corpo, maldencín a miña situación física actual, culpabiliceime por non ser capaz de conservar a vida dende un punto de vista fisiolóxico. Apaguei a luz do meu desexo de ser nai e chorei aínda máis. Queixeime do acontecido e de tódalas circunstancias. Ó mesmo tempo agradecín todo o vivido en todo o proceso. Agarimei o meu corpo, dinlle espazo, permitinlle ser en toda a sua plenitude. Sanei ó recoller ó meu fillo dentro do seu saco cando o parín, na miña casa, no meu baño, despois de chegar a casa e estar cos meus. Disfrutei de cada sesión de coidado gatuno. Alegreime cando ía despedindo ó meu pequeno, obtiven moita paz mentres o acompañaba na sua partida. Vivín a satisfacción de parir ó meu fillo, do poder tocalo. Gocei do parto, co meu útero en toda a sua plenitude, vivín como respondía a cada estímulo hormonal. Coñecinme íntimamente, mirei o infinito do meu ser.
Todo isto foi posible grazas a estar sumerxida na felicidade, entón a felicidade pasou a ser unha decisión.
Grazas a tódolos seres que estiveron conmigo no camiño, de maneira directa ou indirecta, grazas por estar aquí.
Boa vida!
Día 17: fase ovulatoria
31 oct 2013
O corpo palpable
Boas :)
Escribo de vez en cando, cando elimino certos prexuizos sobre mín mesma que me impiden facelo. Eu realmente adoro escribir e voume convencendo para non facelo, incluso deixo de escribir os meus diarios persoais xa que sinto que as miñas verbas non sirven nin para mín mesma. De feito, levaba coma unha semana querendo escribir sobre o meu corpo e non daba superado a barreira, decíame, total ninguén o leerá. Hoxe atopeime cun desos recursos que gardas para mirar noutro momento, a 8ª videoconferencia de el camino rubí, e mentres a ía escoitando, as miñas trabas ían caíndo e por iso estou aquí expresándome.
Cóntovos isto mentres vou lendo o último artigo de "el camino rubí", Mis tetas. Sí, hoxe e calquer outro día nútrome a través dos infinitos recursos que me proporciona "el camino rubí". E causalmente din cos que precisaba para estar aquí escribindo agora mesmo. Xa que non soamente é un bloqueo escribir para mín, tamén o é expresar determinadas historias que sinto relacionadas co corpo.
Quérovos falar da imaxe que temos de nós mesmas e de como seguindo diferentes ideoloxías ou filosofías imos dun extremo ó outro, sen permitirnos realmente sentirnos sendo nós ou ser nós sentíndonos. Hai tempo escribín xa un artigo, os meus "desórdenes" alimenticios, no que falaba un pouco sobre o tema . E quero darlle un xiro de rosca máis ó asunto.
Case sempre estiven controlada pola miña necesidade de agradar ós demáis e en numerosas ocasións intentei facelo a través do meu corpo físico. Algunhas veces conseguín o meu obxetivo, outras non. Pouco a pouco funme desprendendo desta idea de empregar o corpo para agradar ós demáis, convencéndome de que o interior era moito máis importante. No camiño acepteime tal e como son e entón deixei de querer agradar a ninguén, nin sequera a mín mesma.
Todo isto parece moi bonito e moi sinxelo, pero non o é, e non o é porque custa moito desprenderse da imaxe que unha ten de unha mesma por moito que te aceptes. De feito o que eu sinto agora é que non hai que desprenderse desa imaxe, que hai que escoitala, que hai que acollela e deixarse das obligacións impostas (nin teño que estar delgada, nin me teño que aceptar gorda se non me gusto gorda). Isto último é o que me pasa agora, e me leva pasando toda a vida, eu non me gusto, non me gozo da mesma maneira cando estou gorda que cando estou delgada. E estou cansada de facer terapia ó respecto, quérome moito, moitísimo, e acéptome tal cual son. Simplemente cando estou delgada eses sentimentos multiplícanse por 2, por 3 ou por 1000, ata que chego ó narcisismo e enamórome profundamente da miña imaxe.
Para mín seguir buscando solucións a supostos problemas, so fai que nos ocultemos de nós mesmas, do que realmente sentimos. Se non nos gusta o noso corpo físico, busquémoslle tamén unha solución para él e deixémonos de estar todo o tempo co corpo mental e emocional. O corpo físico é o temos máis a man, o que podermos mirar, palpar, saborear, ulir e escoitar sexa cal sexa a nosa situación (esceptuando calquer limitación física que o impida). Así que démoslle o seu espazo e traballémolo se o precisamos e é posible (por exemplo podo cambiarme o color de pelo radicalmente, pero non cambiarme a forma da nariz totalmente). Eu sinto que facer exercicio do tipo que sexa, é imprescindible para o noso corpo físico, da igual que sexan estiramentos convencionais, camiñar, algunha carreira... comezade hoxe a darlle espazo, a darvos espazo.
Apertas e boa vida!
Escribo de vez en cando, cando elimino certos prexuizos sobre mín mesma que me impiden facelo. Eu realmente adoro escribir e voume convencendo para non facelo, incluso deixo de escribir os meus diarios persoais xa que sinto que as miñas verbas non sirven nin para mín mesma. De feito, levaba coma unha semana querendo escribir sobre o meu corpo e non daba superado a barreira, decíame, total ninguén o leerá. Hoxe atopeime cun desos recursos que gardas para mirar noutro momento, a 8ª videoconferencia de el camino rubí, e mentres a ía escoitando, as miñas trabas ían caíndo e por iso estou aquí expresándome.
Cóntovos isto mentres vou lendo o último artigo de "el camino rubí", Mis tetas. Sí, hoxe e calquer outro día nútrome a través dos infinitos recursos que me proporciona "el camino rubí". E causalmente din cos que precisaba para estar aquí escribindo agora mesmo. Xa que non soamente é un bloqueo escribir para mín, tamén o é expresar determinadas historias que sinto relacionadas co corpo.
Quérovos falar da imaxe que temos de nós mesmas e de como seguindo diferentes ideoloxías ou filosofías imos dun extremo ó outro, sen permitirnos realmente sentirnos sendo nós ou ser nós sentíndonos. Hai tempo escribín xa un artigo, os meus "desórdenes" alimenticios, no que falaba un pouco sobre o tema . E quero darlle un xiro de rosca máis ó asunto.
Case sempre estiven controlada pola miña necesidade de agradar ós demáis e en numerosas ocasións intentei facelo a través do meu corpo físico. Algunhas veces conseguín o meu obxetivo, outras non. Pouco a pouco funme desprendendo desta idea de empregar o corpo para agradar ós demáis, convencéndome de que o interior era moito máis importante. No camiño acepteime tal e como son e entón deixei de querer agradar a ninguén, nin sequera a mín mesma.
![]() |
| Unha parte do meu corpo que adoro estando delgada |
Para mín seguir buscando solucións a supostos problemas, so fai que nos ocultemos de nós mesmas, do que realmente sentimos. Se non nos gusta o noso corpo físico, busquémoslle tamén unha solución para él e deixémonos de estar todo o tempo co corpo mental e emocional. O corpo físico é o temos máis a man, o que podermos mirar, palpar, saborear, ulir e escoitar sexa cal sexa a nosa situación (esceptuando calquer limitación física que o impida). Así que démoslle o seu espazo e traballémolo se o precisamos e é posible (por exemplo podo cambiarme o color de pelo radicalmente, pero non cambiarme a forma da nariz totalmente). Eu sinto que facer exercicio do tipo que sexa, é imprescindible para o noso corpo físico, da igual que sexan estiramentos convencionais, camiñar, algunha carreira... comezade hoxe a darlle espazo, a darvos espazo.
Apertas e boa vida!
Día 12: fase preovulatoria
17 sept 2013
Xulgar
Boas :)
Onte atopeime sacando ó exterior un debate composto por ideas, sensacións e emocións, que levan tempo dando voltas no meu interior. O tema central era a palabra "xulgar", podedes mirar aquí os seus significados e despois seguir lendo.
Unha das cousas que máis me estaba a amolar dende hai tempo era o concepto que tiña eu, e que comparto con outra xente, de que xulgar é negativo e polo tanto débese evitar. Para empezar isto último que acabo de decir é xa un xuizo e para rematar presento unha idea: se un xuizo é considerado negativo tense que obviar, e pola contra se un xuizo é positivo tense que decir ata a saciedade.
Todo este tema xérame moitas preguntas: que sería de nós se nunca tivésemos a opinión ou as ideas doutros sobre nós ou os nosos actos? E falo tanto de valoracións consideradas positivas como as consideradas negativas. Que sería de nós se non emitísemos ningún xuizo, nin dalgo, nin dalguén?
O que decidín é aceptar que vivo definindo o que me rodea en base a xuizos, as cousas séntanme mellor o peor, atópome ben ou mal, isto gústame ou non me gusta, prefiro mar ou montaña... todo isto é facer o que din dúas das acepcións de xulgar: chegar a ter unha idea determinada sobre algo ou alguén, e, tirar como conclusión sobre un asunto. Ata aquí xulgar sería algo cotidián, normal e necesario!, o problema nace cando falamos da outra acepción: someter á decisión dun tribunal, e pronunciar este sentenza. Aquí saltan as nosas alarmas e nalgún momento xuntamos tódolos conceptos para culpabilizarnos por emitir xuizos, sentíndonos como se estivésemos condeando a algo ou a alguén polo feito de ter unha opinión. E se alguén nos da a súa opinión sentímonos maltratadas, a non ser que nos digan algo positivo que entón sentímonos halagadas. Calquera destas historias xera dependencia e inseguridade. Primeiro sentímonos inferiores cando nos dicen algo que é considerado negativo. E despois necesitamos que alguén emita conclusións positivas, se non o fan, a nosa autoestima disminue moitísimo.Cando nos negamos a xulgar, por mor da culpa, estámonos reprimindo e o único que facemos é non verbalizar parte do que sentimos, tanto por nós, como polos demáis ou en calquer situación. Eu sinto que isto quédase dentro e vaise transformando, ata que chega un día que decimos ou facemos algo que representa esa represión, cunha magnitude moito maior.
Prefiro decir o que sinto con respeto, que gardalo no interior faltándome ó respeto a mín mesma e ó outro.
Felicies lúas e soles.
Encarna Llor

Día 34: fase premenstrual
29 ago 2013
Intimarme
Boas!
Dende hai un ano, estou sumerxida nunha profunda viaxe tanto ó meu interior coma ó meu exterior. Nos últimos meses atopeime coa miña intimidade e comecei a intimar conmigo mesma e cos meus. Dinme conta de que moitas veces nos perdemos en palabras, en acontecementos... perdéndonos. Apreciei que detrás da facilidade de palabra, escondíase unha necesidade, a de ser valorada e escoitada polos demáis. Así que en canto eu comecei a escoitarme e a valorarme, a necesidade de falar constántemente, foise diluindo.
Este é un exemplo da transformación dunha das creencias que conforman as miñas diferentes máscaras. O proceso de cambio desta máscara e doutras, a mín levoume a unha encrucillada, á incertidumbre, e a repetirme ata o infinito: "e agora, ¿quen son?" Afortunadamente, conseguín intimar un pouco máis e deixei de facerme esa pregunta. Atopeime dentro e fora de mín mesma, mireime e mirei o meu contorno.
Agradezo que a menciña do oso me acompañe ^^
Cada viaxe é diferente para cada quen, e todos temos os nosos camiños, para mín intimar foi e sigue sendo algo maravilloso e necesario nestes momentos. ¿Sabes que é o que precisas ti?
Apertas e felices lúas e soles.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)