Sei que me lío algunhas veces, así que irei ó gran, que non é outro que o trigo. A miña experiencia en xeral é moi positiva, estou contenta con ter dado o paso de deixar un alimento e cumplilo. Os beneficios a nivel orgánico foron inmensos, o máis destacable é que as dixestións eran moi livianas, e a miña movilidade intestinal unha maravilla, favorecida ademáis por uns restos de moi bo aspecto, sólidos e sen mal olor. E, outra cousa que destaco a este nivel é o cambio na cor da pel (motivado tamén por tomar algo laranxa cada día) e no pelo, que está máis forte, máis vivo. A nivel emocional, destaco a liberación de memorias que xa tiña comentado, ademáis do aumento de autoestima provocado por lograr a meta que me propuxera. Onte comecei a tomalo de novo e pasei unha noite moi revolta, o cal pode ser tamén por menstruar por fin despois da pérdida dun dos meus mellores amigos e xusto despois do meu último aborto. Hai moito que limpar, moito que depurar, con dous duelos que se solapan, o de Lola e o de Mojo, grandes soles e lúas da miña vida. Ambos son duelos moi diferentes, e similares, ambos me deixan con moito amor no corazón. E que sen dúbida xeraron cambios no meu exterior e no meu interior, todo ten un matiz diferente. Incluso os últimos días dos 21 dsg foron diferentes, e xa me liberara de certas rutinas alimenticias, xa non me custaba tanto renunciar ó pan.
Sigo moitas veces os momentos astrolóxicos e agradezo menstruar coa influencia da lúa nova do 30 de marzo en Aries, que según conta a astroloxía, ten moito que ver coa renovación. E dende onte, que fun capaz de voltar á presencia no presente, síntome realmente renovada. Apúntome hoxe a danzar coa miña sangue, sentir a través dela o calor do meu interior, saborear o que me recorre por dentro... sangue de vida.
Seguirei contando as miñas experiencias vitais, sempre dende un punto de vista feminino, que é o sexo que vivo cada día.
Día 1 do meu ciclo: fase menstrual (cova)
No hay comentarios:
Publicar un comentario