Páginas

17 sept 2013

Xulgar

Boas :)

Onte atopeime sacando ó exterior un debate composto por ideas, sensacións e emocións, que levan tempo dando voltas no meu interior. O tema central era a palabra "xulgar", podedes mirar aquí os seus significados e despois seguir lendo.


Unha das cousas que máis me estaba a amolar dende hai tempo era o concepto que tiña eu, e que comparto con outra xente, de que xulgar é negativo e polo tanto débese evitar. Para empezar isto último que acabo de decir é xa un xuizo e para rematar presento unha idea: se un xuizo é considerado negativo tense que obviar, e pola contra se un xuizo é positivo tense que decir ata a saciedade.

Todo este tema xérame moitas preguntas: que sería de nós se nunca tivésemos a opinión ou as ideas doutros sobre nós ou os nosos actos? E falo tanto de valoracións consideradas positivas como as consideradas negativas. Que sería de nós se non emitísemos ningún xuizo, nin dalgo, nin dalguén?


O que decidín é aceptar que vivo definindo o que me rodea en base a xuizos, as cousas séntanme mellor o peor, atópome ben ou mal, isto gústame ou non me gusta, prefiro mar ou montaña... todo isto é facer o que din dúas das acepcións de xulgar: chegar a ter unha idea determinada sobre algo ou alguén, e, tirar como conclusión sobre un asunto. Ata aquí xulgar sería algo cotidián, normal e necesario!, o problema nace cando falamos da outra acepción: someter á decisión dun tribunal, e pronunciar este sentenza. Aquí saltan as nosas alarmas e nalgún momento xuntamos tódolos conceptos para culpabilizarnos por emitir xuizos, sentíndonos como se estivésemos condeando a algo ou a alguén polo feito de ter unha opinión. E se alguén nos da a súa opinión sentímonos maltratadas, a non ser que nos digan algo positivo que entón sentímonos halagadas. Calquera destas historias xera dependencia e inseguridade. Primeiro sentímonos inferiores cando nos dicen algo que é considerado negativo. E despois necesitamos que alguén emita conclusións positivas, se non o fan, a nosa autoestima disminue moitísimo.Cando nos negamos a xulgar, por mor da culpa, estámonos reprimindo e o único que facemos é non verbalizar parte do que sentimos, tanto por nós, como polos demáis ou en calquer situación. Eu sinto que isto quédase dentro e vaise transformando, ata que chega un día que decimos ou facemos algo que representa esa represión, cunha magnitude moito maior.

Prefiro decir o que sinto con respeto, que gardalo no interior faltándome ó respeto a mín mesma e ó outro.

Felicies lúas e soles.
Encarna Llor

Día 34: fase premenstrual