Páginas

21 mar 2014

12/21 dsg + 5/21 dscb

Imaxe de BlueRidgeKitties
Gústame moito o sol e gústame moito a choiva, teño sorte de que o lugar onde vivo satisfaga por igual a miña necesidade de cada unha delas. Como para mostra ben vale un botón, comparto con vos este anuncio que ben reflexa o meu sentir. Case sempre que miro este anuncio lémbrome dos preciosos deseños para camisetas que elabora unha muller da que me namorei hai anos, xa que hai varios coas verbas "¡pois que chova!" (como este).

E agora que xa tedes algunhas pistas do meu estado mentres vos escribo, douvos a nova de que os días sen glute están sendo fascinantes. Estou descubrindo vellas-novas-bellas facetas, emocións, xestións, capacidades... que me teñen abraiada e namorada da vida que habito e que me habita, que habitamos habitándonos. E por encima de todo destaco a facilidade coa que o malestar ou sufrimento desaparecen, marchando moitas veces sen que eu sexa consciente, é unha maravilla!

Sobre as miñas apetencias direi que esta semana estou sendo máis preguizosa para cociñar e que iso desaxusta os meus horarios de comidas. Sinto que ten que ver con deixar os refrescos e os snacks (cb), é algo que me custa moito e paréceme que estou poñendo certa resistencia ó cambio. Sorprendentemente isto motívame.

Día 25 do meu ciclo: fase premenstrual

18 mar 2014

9/21 dsg + 2/21 dscb

Sigo cos meus 21 días sen glute e dende onte engado 21 días sen comida basura, isto é para mín snacks de todo tipo e bebidas gaseosas azucradas. A verdade é que nos primeiros días sen glute a miña apetencia por eles era case nula, pero contra a fin de semana en lugar de tomar un anaco de pan, ou un bocata, estiven tomando snacks de millo ou de pataca sen glute, con algún refresco. E, aínda que é algo ó que estou acostumada, non me sentín nada ben despois de comelos. Así que decidín deixar de tomalos. Isto lévame a enfrentarme novamente a enerxías estancadas, que conseguía non confrontar inxerindo determinados alimentos.

O que comezo a percibir despois de 9 dsg e de 2 dscb é que estou vencendo esa desconexión conmigo misma que me levaba a descuidar a miña nutrición, tanto a base de alimentos físicos como de calquer outra índole. Así por exemplo resúltame necesario saír ó bosque un ratiño cada día, ou facer algunha tarefa na casa; actividades para as que sempre atopaba algunha excusa que me impedise facelas. Tamén estou recuperando as ganas de cociñar, inventando novas fórmulas para que o tempo invertido na cociña sexa máis eficaz. E, cada día teño un soriso nos beizos e no corazón.

Día 22: fase premenstrual

14 mar 2014

5/21 dsg

Levo 5 días sen glute e a miña vida está dando moitos xiros, liberando e sanando moitas memorias e comportamentos. Está sendo un proceso de sanación duro e reconfortante ó mesmo tempo. Despois de tantos anos procurando información sobre un tema determinado, resulta que deixo de tomar glute durante uns días e as dúbidas disípanse, permitíndome por fin afrontar unha parte da miña verdade, traéndoa da sombra á luz. Ademáis estou mirando con claridade qué conductas me sirven e cales non, depurando moitísimas emocións profundas que deron lugar a certos comportamentos.

En temas de apetencias, direi que merquei diferentes preparados para facer pan, pasteis e pasta sen glute. Por exemplo onte comín ensalada de pasta sen glute e sentoume moi ben, hoxe tomei para almorzar torradas con aceite de oliva que estaban deliciosas, o pan queda de maravilla con esta receita para panificadora feita coa fariña Schär.

Xa vos contarei máis cousas nos próximos días. E se alguén se anima, que o comente por aquí.

Mil bicos!

Día 18: fase ovulatoria-premenstrual

  

11 mar 2014

2/21 días sen glute (dsg)

Explico un pouco o título, estou no día 2 de 21 días sen glute, que comecei onte, 10 de marzo de 2014.

Agora cóntovos o qué significa para mín 21 días sen glute, significa traballar coa miña mente e cosas miñas adiccións (ou carencias), como cada quen o queira chamar ou identificar. Eu son vegana, polo tanto hai moitos produtos considerados alimentos polos non veganos que non tomo, para mín isto é doado xa que eu decido non comelos por un ben maior, os animáis (o cal leva implícito ó planeta en xeral). O conto cambia cando se trata de alimentos 100% vexetáis que son pouco beneficiosos ou incluso perxudiciais directamente para mín polo feito de comelos. Disto dedúcese que eu non me considero un ben maior, polo menos non tanto como para deixar de tomar certos alimentos polo meu benestar. É certo que noutros aspectos da miña vida compórtome de maneira diferente e valórome. O que sucede é que co tema da alimentación moitas veces resúltame complicado conectar conmigo mesma e coas miñas necesidades. Ademáis de que estou convencida de que deixar certos alimentos, trae consigo depurar certas emocións ou conductas, co cal a misión complícase.

Esta historia non é só miña, é de moitísimas persoas ante diferentes situacións vitais e en particular ante a alimentación. De feito poucas persoas son conscientes do que están comendo e moito menos da repercusión inmediata do que comen. Algúns sabémolo e facémonos inconscientes durante uns minutos, horas, días, semanas, meses ou anos. Hai algo que sabemos todos e é que comemos para vivir, sen comida non viviríamos e moitas veces a comida é a que nos mata, isto tamén o sabemos prácticamente todos. Así é vox pópuli que tomar sal en exceso produce hipertensión, que o consumo de produtos de orixe animal produce entre outras cousas un aumento do colesterol... O que non é vox pópuli é a cantidade de problemas que xera o glute. Sí, todos sabemos dos problemas da intolerancia ó glute, o que non sabemos é en qué consiste e tampouco que hai diferentes graos de tolerancia ou intolerancia. Eu atopei dúas ligazóns que me resultan interesantes con respecto a isto: sensibilidade ó glute e cómo recoñecer a intolerancia ó glute.

Despois desta introdución, quédame comentar que hai anos que sei de todo o que vos comentei, tanto da miña inconsciencia con respecto á comida, como dos problemas que xera comer glute. De feito hai anos vivín prácticamente sen glute, evitándoo a maior parte dos meus días, sobre todo na forma de fariña de trigo. E agora que reflexiono sobre o asunto, paréceme probable que o abuso do glute xere en mín un desaxuste emocional e (isto produza) un aumento de peso incontrolable. Como levo días escoitando ó meu corpo de novo (retomei os exercicios do método mezieres) pediume (pedinme) deixar o glute durante 21 días. Así que comecei onte e hoxe púxenme a buscar información en internet e atopei moitas cousas novas, que non atopara hai anos, dende diferentes síntomas, ata procedementos para autodiagnose (similares ó que eu decidín practicar), ou miles de receitas sen glute!!!

Para rematar cóntovos o que me acontece, estou tendo especial apetencia polas avelás e comelas produce en mín unha sensación moi placentera. Tamén teño moita enerxía, estou sendo capaz de ter a miñas tarefas domésticas ó día (e só levo 2 días), estou máis creativa e poño en práctica os meus pensamentos (estábame custando pasar do pensamento á acción). E con todo isto, o día dame para moitas cousas!, os meus días alongáronse!

Seguirei contando os meus 21 días sen glute (21dsg).

Boa vida!

Día 15: fase ovulatoria

  

2 mar 2014

Lola

Ábrome en canal outra vez coa necesidade de falar do proceso vital que atraveso agora mesmo. Estou viviendo o duelo pola pérdida dunha filla, Lola, na semana 12 de embarazo. Lola só tivo vida durante 8 semanas, suficientes para comunicarse conmigo e susurrarme en soños o seu nome, para vivir xuntas os paseos mentres a choiva e o vento acariciaban o meu corpo, para gozar da paz debaixo da ducha habitándonos mutuamente, para falarnos e escoitarnos mentres esperábamos a mirarnos. Vivimos xuntas momentos moi doces e moi agrios, o medo ante a fraxilidade, o medo ante a túa morte mantívome nunha burbulla de esperanza e desazón. Eu supen cando marchaches, cando o teu corazón deixou de latir, sabíao e non o quixen aceptar, seguinte nutrindo, seguín intentando que voltaras á vida, a estar conmigo, co teu pai e con tódolos demáis animáis que pudeches sentir connosco. Eses animáis que te coidaron, que me coidaron, que nos coidaron e que nos siguen coidando, coidándome e coidándote. Deixaches parte do teu corpo físico connosco, a túa placenta habitará a terra. Lola, habitas en nós, e nós habitámos en ti. Grazas polo tempo compartido.

Día 6: sangrando