Páginas

18 mar 2014

9/21 dsg + 2/21 dscb

Sigo cos meus 21 días sen glute e dende onte engado 21 días sen comida basura, isto é para mín snacks de todo tipo e bebidas gaseosas azucradas. A verdade é que nos primeiros días sen glute a miña apetencia por eles era case nula, pero contra a fin de semana en lugar de tomar un anaco de pan, ou un bocata, estiven tomando snacks de millo ou de pataca sen glute, con algún refresco. E, aínda que é algo ó que estou acostumada, non me sentín nada ben despois de comelos. Así que decidín deixar de tomalos. Isto lévame a enfrentarme novamente a enerxías estancadas, que conseguía non confrontar inxerindo determinados alimentos.

O que comezo a percibir despois de 9 dsg e de 2 dscb é que estou vencendo esa desconexión conmigo misma que me levaba a descuidar a miña nutrición, tanto a base de alimentos físicos como de calquer outra índole. Así por exemplo resúltame necesario saír ó bosque un ratiño cada día, ou facer algunha tarefa na casa; actividades para as que sempre atopaba algunha excusa que me impedise facelas. Tamén estou recuperando as ganas de cociñar, inventando novas fórmulas para que o tempo invertido na cociña sexa máis eficaz. E, cada día teño un soriso nos beizos e no corazón.

Día 22: fase premenstrual

No hay comentarios:

Publicar un comentario