Páginas

21 mar 2014

12/21 dsg + 5/21 dscb

Imaxe de BlueRidgeKitties
Gústame moito o sol e gústame moito a choiva, teño sorte de que o lugar onde vivo satisfaga por igual a miña necesidade de cada unha delas. Como para mostra ben vale un botón, comparto con vos este anuncio que ben reflexa o meu sentir. Case sempre que miro este anuncio lémbrome dos preciosos deseños para camisetas que elabora unha muller da que me namorei hai anos, xa que hai varios coas verbas "¡pois que chova!" (como este).

E agora que xa tedes algunhas pistas do meu estado mentres vos escribo, douvos a nova de que os días sen glute están sendo fascinantes. Estou descubrindo vellas-novas-bellas facetas, emocións, xestións, capacidades... que me teñen abraiada e namorada da vida que habito e que me habita, que habitamos habitándonos. E por encima de todo destaco a facilidade coa que o malestar ou sufrimento desaparecen, marchando moitas veces sen que eu sexa consciente, é unha maravilla!

Sobre as miñas apetencias direi que esta semana estou sendo máis preguizosa para cociñar e que iso desaxusta os meus horarios de comidas. Sinto que ten que ver con deixar os refrescos e os snacks (cb), é algo que me custa moito e paréceme que estou poñendo certa resistencia ó cambio. Sorprendentemente isto motívame.

Día 25 do meu ciclo: fase premenstrual

No hay comentarios:

Publicar un comentario