Páginas

11 mar 2014

2/21 días sen glute (dsg)

Explico un pouco o título, estou no día 2 de 21 días sen glute, que comecei onte, 10 de marzo de 2014.

Agora cóntovos o qué significa para mín 21 días sen glute, significa traballar coa miña mente e cosas miñas adiccións (ou carencias), como cada quen o queira chamar ou identificar. Eu son vegana, polo tanto hai moitos produtos considerados alimentos polos non veganos que non tomo, para mín isto é doado xa que eu decido non comelos por un ben maior, os animáis (o cal leva implícito ó planeta en xeral). O conto cambia cando se trata de alimentos 100% vexetáis que son pouco beneficiosos ou incluso perxudiciais directamente para mín polo feito de comelos. Disto dedúcese que eu non me considero un ben maior, polo menos non tanto como para deixar de tomar certos alimentos polo meu benestar. É certo que noutros aspectos da miña vida compórtome de maneira diferente e valórome. O que sucede é que co tema da alimentación moitas veces resúltame complicado conectar conmigo mesma e coas miñas necesidades. Ademáis de que estou convencida de que deixar certos alimentos, trae consigo depurar certas emocións ou conductas, co cal a misión complícase.

Esta historia non é só miña, é de moitísimas persoas ante diferentes situacións vitais e en particular ante a alimentación. De feito poucas persoas son conscientes do que están comendo e moito menos da repercusión inmediata do que comen. Algúns sabémolo e facémonos inconscientes durante uns minutos, horas, días, semanas, meses ou anos. Hai algo que sabemos todos e é que comemos para vivir, sen comida non viviríamos e moitas veces a comida é a que nos mata, isto tamén o sabemos prácticamente todos. Así é vox pópuli que tomar sal en exceso produce hipertensión, que o consumo de produtos de orixe animal produce entre outras cousas un aumento do colesterol... O que non é vox pópuli é a cantidade de problemas que xera o glute. Sí, todos sabemos dos problemas da intolerancia ó glute, o que non sabemos é en qué consiste e tampouco que hai diferentes graos de tolerancia ou intolerancia. Eu atopei dúas ligazóns que me resultan interesantes con respecto a isto: sensibilidade ó glute e cómo recoñecer a intolerancia ó glute.

Despois desta introdución, quédame comentar que hai anos que sei de todo o que vos comentei, tanto da miña inconsciencia con respecto á comida, como dos problemas que xera comer glute. De feito hai anos vivín prácticamente sen glute, evitándoo a maior parte dos meus días, sobre todo na forma de fariña de trigo. E agora que reflexiono sobre o asunto, paréceme probable que o abuso do glute xere en mín un desaxuste emocional e (isto produza) un aumento de peso incontrolable. Como levo días escoitando ó meu corpo de novo (retomei os exercicios do método mezieres) pediume (pedinme) deixar o glute durante 21 días. Así que comecei onte e hoxe púxenme a buscar información en internet e atopei moitas cousas novas, que non atopara hai anos, dende diferentes síntomas, ata procedementos para autodiagnose (similares ó que eu decidín practicar), ou miles de receitas sen glute!!!

Para rematar cóntovos o que me acontece, estou tendo especial apetencia polas avelás e comelas produce en mín unha sensación moi placentera. Tamén teño moita enerxía, estou sendo capaz de ter a miñas tarefas domésticas ó día (e só levo 2 días), estou máis creativa e poño en práctica os meus pensamentos (estábame custando pasar do pensamento á acción). E con todo isto, o día dame para moitas cousas!, os meus días alongáronse!

Seguirei contando os meus 21 días sen glute (21dsg).

Boa vida!

Día 15: fase ovulatoria

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario