Páginas

5 dic 2012

Vida Animal

Boas :)

Xusto uns días antes da anterior entrada, que ten xa máis dun mes, fixen un curso de esencias floráis para animáis. E hoxe recibín o primeiro pedido de esencias para traballar como terapeuta floral, estou coma cando era nena cos agasallos de nadal. Tal e coma eu intuía, as esencias "flores del alba", teñen bo nivel vibracional, eu estou marabillada soamente con telas na casa. Ademáis comprobei que "mediterraneo" elabora "flores de Bach" que teñen tamén bo nivel vibracional, iso sí, menos elevado que as "flores del alba". O difusor de aceites esenciais foi o primeiro que probei para difundir aceites esenciais "young living", unha auténtica delicia, cun gran poder curativo. Ditas esencias foron recomendadas por Lina María Lamos (Animal's Universe) para tratar a un dos gatos da miña familia, Mojo.E a verdade e que estannos sentando a todos de marabilla.



Gustaríame falar un pouco da miña experiencia coa terapia animal. Coma sucedera cando fixen o curso de comunicación animal, o curso de esencias florais espertou moitas partes miñas que estaban aletargadas. Entre elas atopábase a comunicación animal, que ía navegando por diferentes planos dentro de mín, e con ela, ían e viñan moitas capacidades persoais que durmían e espertaban alternativamente dende que recuperara a comunicación cos animáis. O que sucedía todo este tempo era que eu chegaba a un punto no que xa non me permitía avanzar e entón pechábame a percibir. Despois aparecía algún animal a través do seu humano, para que o buscara, ou lle fixera terapia, ou simplemente comunicándose conmigo de corazón a corazón e abríame de volta.

Neste mes que estiven lonxe das redes, compartín tempo cunha muller menciña, Ayawitl, coa que aprendín moitísimo sobre a vida, e coa que sigo aprendendo día a día. Aínda que agora estemos lonxe físicamente, as súas ensinanzas acompáñanme e o seu efecto, o dela propio, segue conmigo de sol a sol. Así que agora teño claro que a comunicación cos animáis é a miña vida animal, que deles aprendín moito, quero seguir facéndoo e de feito fágoo. O cambio que hai nestes momentos en mín, é que por fin logrei emponderarme, como muller, como terapeuta, como comunicadora, como ser... como animal.

Estou agradecida ó universo por darme a oportunidade de compartir unha parte do meu camiño con Ayawitl e con Olga Porqueras (Tama's Essences), ambas mulleres marabillosas, loitadoras, revolucionarias... emponderadas.

Que todas recuperemos a comunicación cos animáis, cos nosos irmáns, con nos mesmas.

Unha aperta de corazón a corazón.

Encarna Llor

Día 30: fase premenstrual


31 oct 2012

Samaín

http://eireen.deviantart.com/
Ola :)

Hoxe quero compartir un texto que escribín o ano pasado nesta data, empregando na maior parte textos que fun atopando pola rede.

Estiven procesando moitas cousas, limpando moito de cara a desprenderme das follas que me sobran nesta data, 31 de outubro, e buscando novos abonos para dar follas novas na primavera. Hoxe prenderei o lume da miña cociña de ferro, queimarei todo o que sexa preciso e darei a benvida ó novo ano que comezamos.

Estou feliz de comezar un novo ano xusto neste momento, no que estou conectada coa miña esencia, grazas a traballar coa enerxía feminina, coa miña nena, conmigo e con outras, compartindo, aprendendo, vibrando ó son de cada unha que é o son de todas.

Celebremos un novo comezo, un novo andar, limpo, claro, en armonía, en amor e con amor, por nos, por todas, polo mundo, polo universo.

Ámonos!

Sen máis, copio o texto do ano anterior:

"Chega o outono e con él as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras, as chulas; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.


A antiga festividade céltica do samaín (pronunciado /ˈsˠaunʲ/ da lingua irlandesa antiga samain) foi
habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1º de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.
Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.
Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles asi que atopasen os seus fogares e os seus parentes.
Afírmase que polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no século XIX e comezos do XX. De ser así, a tradición tería continuidade nas festas de Halloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do samaín na cultura estadounidense, semellante a un entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas. Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular."

Boa sorte para o ano que comezamos ♥ ♥ ♥

Aloumiños para todas!

17 oct 2012

Prato de "La Dimensión Vegana: Bao Relleno De Carne y Espinaca"

Boas noites!

Hoxe quero compartir con vos este delicioso prato, elaborado por uns compañeiros na loita polos dereitos animáis. Fai un tempo decidiron comezar a gravar receitas típicas veganas, para as cales empréganse productos 100% vexetáis e libres de sufrimento animal. Así axudáronnos a moitos a perfeccionar a nosa tortilla sen ovo, a facer hamburguesas suculentas, tamén queixos veganos... Co tempo, foron convertindo moitas receitas ó veganismo para facernos a comida máis divertida e, sobre todo, para facilitar o cambio cara unha dieta libre de sufrimento animal :)

La Dimensión Vegana: Bao Relleno De Carne y Espinaca: El Bao es un bollo chino al vapor, típico de la provincia de Cantón, generalmente relleno de carne o verduras o una combinación de ambas...


Aproveito para decirvos que lle botedes un vistazo ó resto das receitas, son unha pasada!

Bo proveito.

Encarna Llor

6 oct 2012

Os meus "desórdenes" alimenticios

Ola :)

Hoxe escribo conectada con esa parte da miña sombra que rexeita o meu corpo con sobrepeso. Darlle paso a esta parte é abrir a caixa de Pandora. Saen á luz moitas outras partes, moitas outras sombras...


A miña historia co peso é coma unha montaña rusa, tanto físicamente coma emocionalmente. Xa de nena doíame moito que os meus compañeiros fixeran burlas do meu corpo físico, despois na adolescencia a dor agravouse e comecei a ter problemas co meu corpo físico, comezaron as dores musculares e articulares. Con 15 anos pesaba 57 kilos e aínda así, decidín facer un réxime de adelgazamento. Eu facía moito deporte, estaba nun clube de natación e o meu corpo medrou ó ancho máis que ó alto. Así que o meu aspecto físico era diferente ó das demáis, e sentín daquela que debía ser igual a elas para así ser aceptada, ser querida, ser amada. O réxime tivo consecuencias indeseadas, perdín a forza, as ganas, perdín a vitalidade, e decidín deixar a natación, tamén motivada por pasar máis tempo co meu mozo. O resultado foi que levando un réxime normal, engordei en 3 anos, 30 kilos. Uns anos máis tarde, empuxada polo meu mozo e a súa familia, que por aquel entonces xa se convertira no meu único mundo, comecei un réxime moito máis severo que o primeiro, pesando cada cousa que inxería, comendo case tódolos días o mesmo, xa que eu daquela comía 4 ou 5 verduras diferentes, polo, atún e pouco máis. Estiven inxerindo 1000-1100 calorías durante ano e medio, e despois facendo soamente unha comida copiosa ó día durante ano e medio, como mantemento. Nestos períodos, se nalgún momento comía algo que "non debía" comer, vomitaba, sentíame culpable, aborrecíame...

Con 23 anos deixei a relación co meu primer mozo e parece que a prohibición de comer viña de estar con él, ou de querer estar con él, ou non sei moi ben de que. O caso é que comecei a comer compulsivamente todo o que non comera durante 3 anos. O resultado foi que engordei uns 15 kilos, situándome nos 76 kilos en poucos meses. Despois mantiven este peso durante uns meses máis, para comezar a engordar ata os 90 kilos dende o verán do 2006 ata o inverno do 2007.

En decembro do 2007 deixei o traballo que tiña, e ademáis de estar traballando a nivel emocional, mental e espiritual a través de diferentes terapias, que me axudaron a ter máis autoestima. Relacionábame con persoas ás que o corpo físico dáballes igual, que valoraban outros aspectos do ser humano. Unha delas, comezoume a falar de veganismo e pouco a pouco fun deixando de inxerir animáis, despois de facer moitas preguntas e de ter moita información. O problema foi que no proceso retomei un hábito anterior, cando comía algún producto animal ou algo pouco saudable, vomitaba. Se a isto unímoslle que deixara de empregar medicación a diario (mentres daba masaxes), pois temos un pack bastante perxudicial e as dores do meu corpo físico aumentaron moitísimo, sendo incluso diagnosticada de fibromialxia e inxerindo a medicación pertinente. Para fináis do 2008 pesaba 53 kilos, isto implica que nun ano perdín 33 kilos.

No verán do 2009 atopei unha persoa coa que pouco a pouco ía recompoñendo os meus esquemas, a miña vida, non porque esa persoa fixera nada especial, simplemente porque esa persoa era. E en outono, tivemos un aborto voluntario, entón comecei a engordar paulatinamente. Non superamos a dor que produciu esa pérdida, soamente foi ignorada. É certo que estando co meu compañeiro comecei a sentirme libre, a sentirme querida, xa non tiña que demostrarlle nada a ninguén, xa non tiñaa que ser como ninguén. Tamén sei que tiven que desconectarme un pouco do meu corpo físico, para deixar de sentir tanta dor, que me levara a estar moi incapacitada e a case nen poder comer eu soa. Polo verán do 2010 pesaba 78 kilos e nese momento, case xa non tomaba ningunha pastilla para a dor física, os trastornos mentáis e emocionáis (que supostamente acompañan á fibromialxia).

Xa no verán de 2011 pesaba 87 kilos e descubrín nunha meditación que quería traballar coa enerxía dos alimentos, así que casualmente atopei un curso de alimentación enerxética e embarqueime nel. Total que na metade do outono de 2011 pesaba 80 kilos e comezaba a estabilizarme, os meus corpos comezaban a depuración. Nestes momentos, un ano despois, os meus corpos mental e emocional están moito máis estables, o que segue sen estar estable é o meu corpo físico e agora peso máis de 90 kilos, os cales, días como hoxe, pésanme moitísimo máis.

O meu traballo con éste tema, vai cambiando ó longo do tempo, case sempre hai unha rosca máis que xirar. Hai moitas pequenas chaves que abren e pechan capítulos despois de traballar con eles e de obter unha aprendizaxe. Eu seime a teoría, seina e na maoir parte do meu día, das miñas horas, esa teoría pasa a ser práctica. Despois hai días, coma hoxe, nos que a práctica deixa de ser práctica e convírtese nun impedimento. Non me gusta o que miro, non me gusta o que toco, non me gusta o que sinto. Entón móvese algo máis e eu pregúntome ata cando seguirei arrastrando a falta de aceptación de mín mesma, a culpa, a dor, a falta de amor, non saber darme amor ou non querer recibilo... Pouco a pouco vou superando cada peldaño, desexando que nalgún momento soamente sexa capaz de mirarme con amor, sen xuizos.

Bicos!

Día 35: fase premenstrual

28 sept 2012

Historia de dous abortos


Ola :)

Moitas veces ó pronunciar a palabra aborto veñen a nos, diferentes emocións, casi todas producidas pola nosa aprendizaxe, que depende moito das nosas vivencias, tanto as propias como as alleas, que pasan a ser nosas no momento que as escoitamos.

Eu, quixera falar da miña experiencia, das miñas experiencias, de dous abortos completamente diferentes, de dúas situación vitais e mortais ó mesmo tempo.

Hai agora tres anos, decidín abortar, decidimos abortar eu o meu compañeiro. Foi unha decisión dolorosa, aínda que vivida dende una total racionalidade e moi pouca conexión consciente coa vida que nacía no meu ventre. Cando tivemos a visita coa psicóloga, contounos que se quixésemos telo, iba a ser moi complicado, posto que eu tomaba unha mediación para a tuberculose que provocaría problemas en todo o desenvolvemento embrionario, resultando algúns incluso incompatibles coa vida. No momento do legrado, o xinecólogo confirmoume que o aborto houbérase producido aínda que non se fixera de forma voluntaria. A mín nese momento, dábame igual que estivese xustificado ou non o aborto, eu tiña as ideas moi claras, o que non tiña moi claro eran os meus sentimentos. En lugar de escoitarme, de permitirme sentir tristeza, pena, pérdida, duelo... eu quixen seguir ben, era a miña decisión, non tiña dereito á pataleta. E sin embargo, eu sufría moito, moitísimo, pola vida que deixara de medrar dentro de mín, por non ter acollido a ese ser que formara parte de mín durante dez semanas (o tempo que tiven que esperar para o legrado). Durante o tempo que estivemos xuntos, sin pretendelo, creouse un vínculo, creamos un vínculo, tanto o bebé comigo, coma o bebé co meu compañeiro, coma nos co bebé y tamén entre nos. Ó bebé puxémoslle un nome, Pepiño, e sen querer facelo, falábamos con el, sentíamolo, incluso despedímonos del. Todo isto pasaba sen que nos quixéramos que pasara, ou polo menos, decíndonos coa mente, que non había vínculo, que non nos daba pena, que tiña que ser así. E así foi, e calamos a nosa verdade, levámolo todo en silencio, por medo, por vergoña, por arrepentimento... por inconsciencia. Ocultámoslle ó mundo a nosa vivencia, ocultámola entre nos, ocultámola na nosa intimidade, ocultámola no noso ser, no máis profundo, e acabou por convertirse nunha parte máis da nosa sombra.

Durante moitos anos estivo con nos todo ese proceso sin procesar, cada vez nacían máis sentimentos, o gran de area convertiuse nunha praia, e todo pola negación da dor, do amor, de calquer sentimento, de calquer acción que provocara un desequilibrio. Quixemos borrar o suceso, e se algo aprendimos, aprendín, foi que as feridas non se poden tapar, deixan cicatriz queiramos ou non, e hai que lambelas para que curen.

Hai dous meses, tiven, tivemos un aborto espontáneo. Neste caso estaba embarazada ós dous meses de comezar a ter sexo sen precaucións, como din habitualmente, de intentar quedarme embarazada. Na séptima semana comecei con manchiñas marróns e tardei uns días en ir ó medico. Cando fun, confirmouse o embarazo cun test e ó memo tempo tiven que ir a urxencias con ameaza de aborto. Fun, e fixéronme unha ecografía vaxinal moi invasiva. Ese mesmo día e os seguintes, sangrei como se me houberan cortado, era sangre fresca, de cor vermella. Ó final o domingo fun a urxencias cun sangrado moi grande e xa non houbo volta atrás, estaba no proceso de expulsión do embrión. Quedeime no hospital, déronme pílulas para expulsar e ó final fixéronme un legrado. Ésta experiencia foi vivida en todo momento, dous días despois da primeira eco vaxinal, falei co bebé, Raio, xa que sentín que algo non ía ben, díxenlle que se non estaba ben, podía marchar, e que se quería quedar e loitar, eu estaba aquí para el. Unhas horas máis tarde comezou o sangrado grande. Mentres esperaba a expulsar "os restos" todo foi ben, despedinme de Raio e apareceu ó seu carón o seu irmán, Pepiño. Foi algo moi fermoso e emotivo, permitinme a dor e así atopei a paz, permitínme a pena e así atopei a ledicia. Neste caso, contei, contamos o que pasou e como nos sentíamos, aprendín, aprendimos dela, fumos conscientes de como nos sentíamos, compartímolo entre nos e disfrutamos moito desta experiencia. Comezou unha viaxe ó noso interior, unha viaxe moi profunda, que nos deu a oportunidade de sanar a experiencia anterior, de sanar moitas partes da nosa sombra. Para nos, foi un regalo, unha experiencia de vida e morte, que trouxo moita vida e moita morte.

Adícolle ésta entrada a todas aquelas nais e pais que teñen fillas olvidadas, que sempre formarán parte da nosa vida, que son a nosa vida. E tamén a aqueles seres que estando pouco tempo con nos, tanto nos ensinaron. Grazas por estar aquí.

Apertas uterinas <3

Día 27: fase premenstrual



21 sept 2012

Equinoccio de outono - Festividade de Mabón


Equinoccio de outono

O sábado 22 de setembro ás 16h 49m (GMT+1) comeza oficialmente en España a época do aoo que coñecemos como outono. Nesta data o día e a noite teñen a mesma duración.

É tempo de comezar a resgardarse, a abrigarse, e así preservarnos dos cambios. Tamén podemos disfrutar das diferentes colleitas que foron recollidas durante o último mes. Chega o momento entón de realizar otras actividades, como por exemplo, comezar o curso
 escolar, de comezar a poñer en práctica calquer proxecto que teñamos, de traballar ou estudar para dar un cambio ou afianzarnos no noso camiño... De decidir en que invertir o noso tempo e en que deixar de facelo. Tamén é importante deixar marchar, do mesmo xesto que fan as árbores, aquilo que estivemos alimentando e que agora deixou de sernos útil para así comenzar a alimentarnos a nos mesmos e gardar enerxía para afrontar os próximos meses.

Agora gustaríame copiarvos un texto que fai alusión á suposta festividade celta do equinoccio, chamada Mabon. Estiven rebuscando para mirar se realmente é algo antigo ou é algo creado recentemente, e atopeime opinións de tódolos gustos e colores, así que, cada unha que se faga a súa. Engado que nalgún lugar atopeina tamén relacionada cunha festividade da igrexa medieval chamada "Michealmas".

Mabon

A colleita comezada na festividade de Lugnasadh chega ó seu fin no equinoccio de outono, coincidindo cunha noite e un día coa mesma duración. Comeza unha nova etapa de renovación e renacemento. Decae a xenerosidade da natureza mentres se prepara para un duro inverno e unha época de reposos. O sol debilítase.

Mabon ten lugar entre o 21 y 24 de setembro, seica os druidas utilizaban esta festividade para usar a súa maxia proxectiva.

Esta festividade celébrase en agradecemento á última colleita e para pedir unha boa o próximo ano, comeza p tiempo de descansar, de mirar atrás e recordar esforzos pasados. Os celtas relacionaban a colleita e as sementes co misterio da vida e a muerte.

A partir desta festividade, o Deus da luz é vencido polo Deus da oscuridade, a noite comeza pouco a pouco a conquistar o día. Preparando o funeral do Deus que naceu da Diosa Yule (no solsticio de inverno) que irase debilitando pouco a pouco ata o seu fin en Samhain. Esperando renacer de novo.

Como sempre morrer e renacer marcan paso a paso o calendario celta.

Os druidas reunían mazás frescas, colocándoas sobre as zonas funerarias, simbolizando o agradecimento da tribu pola colleita e tamén amosando respeto ós ancestros.

Entre os pobos no pasado e presente celébrase esta festividade, actualmente algunhas modificadas polo cristianismo e outras derivadas de ritos pagáns.

Representación de Mabon en elementos:

* O incienso de ciprés, sándalo, pino e xenebro.
* As cores que representan á festividade de Mabon son os que representan o outono, amarelo, marrón, dourado, vermello, café..
* O aveleiro, as landras, as ramas de carballo, o álamo e o millo representan esta festividade.
* Recoller as vaíñas secas e as prantas para empregar no ritual é a tradición máis clara deste día, aínda que a creación de bonecas de millo tamén pódese mirar en ocasións como representación da feminidade desta festividade.


♥ ¡FELIZ COMEZO DO OUTONO! ♥

Día 20: fase premenstrual

15 sept 2012

Lúa Nova en Virgo

Ola :)

Sigo cos meus comezos en astroloxía, facendo os estudios de cada Lúa.

Nesta ocasión a Lúa Nova, está en Virgo, que tendo coma rexente a Mercurio, indícanos que estamos nunha época moi boa para organizar a nosa vida, rematar o empezado, poñer en práctica novos proxectos. De feito en España remata a tempada de verán, comeza a escola... hai como unha volta á rutina, ós horarios.

O signo de Virgo relaciónase co plexo solar, así que temos unha ocasión para sanar calquer tema que implique unha cesión do noso poder a favor doutras, xa sexa no plano laboral, familiar, social... incluso unha pérdida de poder ante nos mesmas. É polo tanto un bo momento para revisar as nosas relacións e darlles unha nova perspectiva, soltando aquilo que nos impide ser nos mesmas.


A imaxe de Virgo é a dunha sacerdotisa que da alimento e vida nova, de purificación. Isto recolle varios aspectos de Virgo, por un lado a capacidade de nutrir ás demáis, de servicio ás demáis, manifestándose sobre todo a través da sanación. Ademáis relacionado coa nutrición está o aspecto de Virgo da preocupación pola propia alimentación. E tamén hai outro aspecto a destacar que é a capacidade de aceptar a morte do que xa non sirve, deixando así espazo para que naza o que precisemos.

Todo isto podémolo aproveitar para trazar novos plans de vida, cambios na alimentación, nas rutinas diarias... Sen olvidarnos de que Virgo representa a capacidade de análise e a búsqueda da perfección, que aínda que levadas ó extremo poden ser perigosas, traballadas procurando a humildade e a aceptación, poden ser un gran regalo.

* Sitio de referencia: Astrología Arquetípica *

Felices Lúas e Soles.

Encarna Llor

Día 14: fase ovulatoria

12 sept 2012

Experiencia vital: a fibromialxia

Ola :)

Hai uns minutos topeime cunha petición de axuda, unha muller solicita firmas para o recoñecemento da fibromialxia como enfermidade incapacitante. Así que eu, como muller que según a medicina occidental padecía fibromialxia, quixera falar da miña experiencia.

Hai cinco anos deixei o meu traballo nunha clínica de fisioterapia para intentar librarme do cansancio que eu creía que era debido a traballar neste lugar, no que eu implicárame demasiado. Cando pedín recuperar o meu tempo, o meu espacio, a miña vida... houbo moitos problemas, así que marchei e decidín ser autónoma. Traballaba menos horas, no horario que eu quería... e aínda así, seguía co cansancio. Comezaron entón a vir as dores, xa que deixara de empregar a diario antiinflamatorios sen luvas, e polo tanto podía sentir o que estaba oculto. Cheguei ó meu tope cando deixei de sentir as pernas ou os brazos mentres traballaba. Fixéronme moitas probas e ó chorar nunha das consultas, enviáronme ó psiquiatra, que me enviou ó psicólogo... E aquí comezou verdaderamente o meu calvario, déronme tratamento para diversas patoloxías mentáis e despois comezaron con tratamento da dor física ó determinar que padecía fibromialxia. Pasaba o tempo e eu cada día estaba peor, perdera totalmente as ganas de vivir, perdera a miña vida.

No 2010 pasaba os días indo do sofá á cama, da cama ó sofá, tendo días nos que casi nin podía ir dun sitio ó outro. Polo verán dese mesmo ano dinme conta de que estaba olvidando tomar as miñas pastillas con frecuencia, así que decidín ir deixando de tomalas e entón comecei a mirar unha pequena luz que iluminaba o meu camiño. O proceso foi lento, e a clave foi deixar de pensar que estaba enferma. Ademáis, tiven persoas ó meu lado que se compadecían de mín, outras que tiraban de mín, e outras que soamente estaban aquí, estas últimas foron as que sen pretendelo, máis me axudaron. O único que me decían con sonidos, coa mirada, con xestos... coa sua presencia... era que vivir era posible, que ter ganas de vivir era posible.

Bienvenida a casa, por Caroline de Vanssay
Agora mesmo, sigo con secuelas da situación vivida, sobre todo no meu corpo físico, que foi o que máis sufriu con tanta medicación. A miña mente foise recuperando ó ir deixando tanta medicación, comecei a poder pensar de volta, a lembrarme das cousas, a ter capacidades mentáis de novo... As miñas emocións deron moitos cambios, recuperei o meu poder persoal, a miña enerxía vital, o sorriso de cada célula... O meu corpo físico librouse da dor permanente, e agora soporto as caricias, os bicos, a brisa...

Como xa dixen a clave foi deixar de pensar que estaba enferma, e cando estiven algo mellor comezar a traballar pola miña sanación global, con homeopatía, aceites medicinais, alimentación enerxética... Dinme conta entón de que a fibromialxia ten moito que ver (no meu caso polo menos) con ceder o noso poder ás demáis, e polo tanto consumir as nosas reservas enerxéticas para poder sobrevivir ante a pérdida constante de enerxía persoal. Ata que non aguantamos máis e entón o universo regálanos unha enfermidade completamente incapacitante, para que paremos, e pasemos a ser o centro da nosa vida. Vida que é un intercambio, é dar e recibir, e non me refiro a recibir de outras, que tamén, refírome a recibir de nos mesmas... a coidarnos, a mimarmos, a aceptarnos, a amarnos... xa que, somos o noso mellor presente.

Todo isto levoume a mirar a miña esencia, a descubrirme a min mesma, a seguir o camiño do corazón que latexa en cada unha de nos esperando a ser escoitado. Aho!

Felices lúas e soles.

Encarna Llor

Día 11: fase preovulatoria
Tomando a idea do blog da páxina "El camino rubí", de Erika Irusta,
decidín a parir de hoxe compartir con vos o momento do meu ciclo menstrual.

2 sept 2012

Ceremonia de despedida


Esta imaxe é do altar que fixemos na praia para a despedida conxunta dos seres que pasaron polas nosas vidas, miña e do meu compañeiro, no tempo que levamos compartíndoas.

Decidimos aproveitar a lúa chea do día 31 de agosto para deixar ir e sanar as feridas que se produxeron coas pérdidas dos nosos bebés antes de que chegaran a nacer e dos animáis ós que intentamos axudar temporalmente.

O que fixemos é moi sinxelo e penso que pode ser efectivo ante calquer pérdida, sempre e cando haxa un traballo previo co tema. Serve para rematar de soltar e para pechar acontecementos relacionados coa pérdida dalgún ser querido.

Nos estábamos na praia, así que colocamos un pareo en forma circular e sobre el puxemos unha vela protexida cun vasiño de cristal para evitar que o vento a apagase, as pedras dos chakras que sempre van conmigo, un incienso na area e despois recollimos pedras pola praia que representaron ós seres dos que nos despedimos. Conectámonos entre nos e decidimos facer unha meditación guiada por Vivi Cervera de ho'oponopono (síntoo, perdóname, grazas, ámote; Vivi Cervera - Ho'oponopono), despois cada unha estivo en silencio e descubrimos de camiño a casa que as dúas fixemos o mesmo, que foi facer o traballo de ho'oponopono con cada un dos seres dos que nos despedimos. Entón collimos as pedras nas nosas mans, primeiro as dúas xuntas, despois cada unha por separado e despois as dúas xuntas. Levantámonos e collidas da man levamos as pedras con nos ata o mar, metímonos na auga e abrimos as mans ó mesmo tempo para deixalas ir co mar.

Rematado isto, comemos e démonos un baño. Fixémolo no cenit da lúa chea, no que a lúa aínda non era visible no noso territorio, así que decidimos voltar á noite á praia para ouvear dándonos un baño bañados pola luz da lúa e ó saír ficar nun triángulo de luz feito con velas e incienso mentres nos secábamos.

A experiencia para mín foi moi positiva, axudoume a aliviar a carga, así coma a recuperar partes de mín que estaban soterradas por esas cargas, é un traballo que desbloqueou moitas emocións e sobre todo, proporcionoume paz.

Que o sol, a lúa e as estrelas iluminen o voso camiño.

Encarna Llor

30 ago 2012

Lúa Chea en Quirón

O venres 31 de agosto ás 15:56:45 (hora española/gmt+2) terá lugar o cenit da Lúa Chea, neste caso a segunda do mes de agosto, fenómeno que é nomeado coma Lúa Azul, que acontece cada dous ou tres anos e que se prodúce única e exclusivamente pola existencia do calendario gregoriano, o cal non ten en conta as lúas. Para mín o relevante desta segunda Lúa de agosto é a súa conxunción con Quirón a menos dun grado de separación de Piscis.

Quirón ten forma de centauro e representa á sanadora ferida que está oculta en nos, unha mestra interior (que son as experiencias vividas) na que temos que aprender a confiar. Isto implica descubrirnos a nos mesmas, mirar en nos as cualidades que outras sí miran e das que non temos consciencia, así como facer por nos o mesmo que faríamos por outras (coidándonos como coidaríamos a outras). É a aprendizaxe a través das vivencias que xeraron sufrimento (sobre todo na infancia, incluso prenatais), convertíndonos en mestras de nos mesmas e despois doutras, axudando a tomar unha maior conciencia.
Outro dos aspectos de Quirón é a integración do racional e do irracional, do tradicional e do progreso, do instinto e da intelixencia, do corpo e da mente, da alma e o espírito... que evoca unha sanación holística.

Se unimos a enerxía favorecida pola conxunción con Quirón, que é de sacar a relucir o que está oculto en nos, os sentimentos dolorosos, as desavenencias, as dúbidas, as debilidades, as contrariedades... favorecendo a súa sanación; coa enerxía da cercanía a Piscis, teremos a limpeza de todo o que podamos estar arrastrando na nosa vida e que neste momento estemos preparadas para soltar e sanar. É un momento de separación, de deixar ir, de pechar as feridas abertas... integrando en nos o aporte das experiencias vividas e liberándonos da carga. Por suposto, cada signo o vivirá de maneira diferente, potenciándose en todos a sanación dos seus puntos débiles.

Queíra comentar que a Quirón relaciónaselle tamén cos abortos e coa xestión da morte en xeral, así que aproveitando ésta Lúa, podemos realizar ceremonias de peche ou de despedida deses seres que habitaron o noso útero, o noso corpo... e que sempre estarán no noso corazón. E tamén doutros seres que deixaron unha pegada na nosa vida e dos que aínda non nos desprendimos.

Ah, aproveitade que nestos días moitas estaremos menstruando ou ovulando, para intentar reconciliarvos co voso ciclo, co voso sangre de vida, coa vosa feminade.

¡Moita forza para a vivencia desta Lúa Chea!


Que o sol, a lúa e as estrelas, iluminen o voso camiño.

Encarna Llor


* Sitio de referencia: Astrología Arquetípica *

28 ago 2012

A arte da cociña enerxética

Hai pouco máis dun ano, nuns días de meditación profunda, nos que fun deixando de inxerir alimentos, de relacionarme, de falar... Descubrín que unha parte de mín quería traballar coa alimentación para sanar. Entón, algúns temas que pasaban desapercibidos ou incluso ignorados adrede, tomaron moita presencia na miña vida. Así dinme conta de que a páxina dunha amiga, que visitaba con frecuencia, falaba de alimentación enerxética. Unhas semanas despois de falar con ela, estudie con Montse Bradford en Barcelona durante 8 seminarios alimentación enerxética. No tempo que durou o curso, merquei algúns libros publicados pola miña mestra e apoiándome coas clases, entrei nun proceso de rexeneración persoal.

Das primeiras cousas que me aconteceron foi recuperar o amor pola cociña. Recordo perfectamente o primeiro de clase práctica, no que me ensinaron a coller mellor un coitelo e a cortar con máis destreza unhas cebolas. E, ó día seguinte, cando repetín o proceso para elaborar outro prato, a miña compañeira dese día eloxioume pola miña habilidade, sen saber dos meus comezos o día anterior. O que pasou, foi que ó cociñar con Montse e o seu equipo, descubrín que cociñar é algo máis que coller un coitelo e cortar con certa destreza, descubrín que cociñar é expresarte a través dos alimentos escollidos, de como os manipulas, das preparacións; descubrín que cociñar é conectarte co teu interior para saber qué facer a cada momento; descubrín que cociñar é unha arte.

Gustaríame engadir que eu, ata hai pouco máis dun ano, soamente entraba na cociña para axudar ó meu compañeiro, e agora case sempre cociño eu ou cociñamos xuntas. E cociñar convertiuse nunha meditación moi profunda, dinámica, divertida, enriquecedora... nun momento de absoluta presencia.

Contareivos máis experiencias da cociña enerxética en vindeiras publicacións. Mentres tanto, quero citar a Hipócrates coa a seguinte frase: "que o teu alimento sexa a túa menciña, e que a menciña sexa o teu alimento"

Se algunha quere saber máis sobre alimentación enerxética, aquí estou para acompañala na viaxe que supón coñecer e empregar a enerxía dos alimentos para obter equilibrio físico, mental e emocional.


Bo proveito ;)

Encarna Llor

26 ago 2012

A sombra

Hoxe gustaríame falar do encontro coa sombra, posto que somos moitas as que nas últimas semanas, ou nos últimos días, estamos vivindo situacións similares encontrándonos coa nosa sombra.

Ó xénero feminino pásanos cada mes, na menstruación conectamos coa sombra e vivimos polo tanto en cada ciclo unha oportunidade de sanar marabillosa. O noso corpo despréndese de calquer acúmulo de enerxía feito dende a anterior menstruación, xa sexa físico, coma emocional ou mental. Para que haxa esa liberación ten que haber unha apertura, polo que cada muller nos días que rodean a menstruación está máis aberta o cal implica un aumento das súas percepcións, tanto externas coma internas. E isto é o que propicia o encontro coa sombra.

Agora ben, hai máis momentos nos que poder acceder a sombra con facilidade, e coinciden con momentos de apertura, como pode ser un parto, un aborto, unha pérdida... Son momentos que vivimos todas, homes e mulleres, en maior ou menor medida. E nos cales unha oscuridade parece penetrar en nos. Eu cada día estou máis convencida de que esa oscuridade provén de nos mesmas, sae do noso interior e do noso exterior, que somos nos mesmas.


E é precisamente esa oscuridade nosa a que eu identifico como sombra, que habita en nos, que corresponde ó noso instinto, á nosa natureza, á muller salvaxe. Sombra que se non é aceptada convírtese en conductas para agochala que resultan á larga máis perxudiciais que as conductas agochadas, en sufrimento, en agonía, destrucción, culpa, tristeza, resentemento, dor...

O encontro, traballo e aceptación da sombra é responsabilidade de cada quen, e está en cada unha de nos propiciar noutras o encontro coa sombra, así coma proporcionar ferramentas para traballar con ela e chegar a aceptala. Vivindo así en comunión con tódalas enerxías presentes en nos, dándolle a cada unha a importancia e o lugar que debe ocupar, para que todo poda fluír, para que podamos fluír e ser agora diferentes ó que fumos hai un segundo e ó que seremos un segundo despois.

Que a sombra brile en nos.

Encarna Llor

23 ago 2012

Peche con rebozos


Onte, 21 de agosto, fixéronme e fixen un peche do corpo, empregando unha técnica mexicana que se fai con rebozos. O rebozo é unha especie de fular feito con algodón que aguanta peso e tensión sendo suave e manexable. Con él péchase o corpo despois dun parto, un aborto ou ante calquer situación vital que supoña unha gran apertura, tanto para mulleres como para homes.

O que se fai e ir pechando cada parella articular, así péchanse os nocelos, os xeonllos, as cadeiras, os hombreiros e a cabeza; ademáis faise un mecido dos membros inferiore e da cabeza. Ó rematar as facilitadoras quédanse acompañando, unha na cabeza e outra no útero e no corazón.

As emoción son moi diferentes, hai moita liberación, e previa a ela pásase por momentos de certa tensión. Os cales coa presencia de tódalas involucradas, consiguen ser máis livianos e aliviarse rápidamente. Durante todo o proceso, choras, ríes, suspiras, bosquexas, ximes... resulta moi útil cando as facilitadoras cantan unha nana ó teu útero. Tamén é maravilloso notar toda a súa cercanía en todo o proceso e sobre todo ó final, cando acompañan ó teu ser nese momento de inmersión total no teu interior, que é uns dos momentos de maior presencia que se pode vivir. Xusto nesa inmersión, senta moi ben que unha compañeira aqueza o útero, o corazón e transmítache coa súa man a danza do teu útero, de maneira que a pasa ó corazón. Así a conexión queda no teu corpo, no teu ser, na túa esencia... Descubrir esa danza, e sobre todo recuperala, é unha emoción única e indescriptible. Nese proceso, sintes os úteros das compañeiras latexando co teu e é outra experiencia única. Despois, antes de saír da crisálida, abres os ollos e atopas os seus, os seus sorisos, os seus aloumiños... a complicidade, a irmandade...

Ata aquí a experiencia de que te pechen. Agora a de pechar a alguén que é moi enriquecedora, sintes como está, como vai cambiando e como remata ó final. Daslle amor dende o primeiro ó último toque, acompañas a alguén nunha viaxe ó máis profundo do seu ser. É un agasallo.

Recomendo a experiencia a tódalas mulleres.

Que o sol, a lúa e as estrelas, iluminen o voso camiño.

Encarna Llor

9 ago 2012

Rescate uterino de arxila


O día 01 de agosto fixéronme un legrado para eliminar "os restos" dun aborto espontáneo. No meu caso estaba todo o embrión dentro, e ó non observar expulsión, ó non parir, pois o que fan e rematar de soltalo, ademáis de limpar ben todo o útero. Despois da operación eu sentín moito vacío físico, puramente físico, coma se me faltara unha parte de mín. Xa estivera a traballar emocionalmente coa morte e estaba en paz, así que costoume entender que era o que sucedía. Ocurriúseme tratar de conectar co meu útero e foi difícil, estaba coma moi lonxe, coma escondido, refuxiado, despois da invasión sufrida durante o legrado. O vacío era precisamente que deixara de sentir o meu útero a cada momento, tiña que por moita atención nel para escoitalo, percibilo, respiralo... Conteille a experiencia a unha amiga, tamén Doula, entón propúxome un exercicio que fixen o día 08 de agosto e agora cóntovos en que consiste.

Rescate uterino de arxila
Deixase aquecer ó sol directo entre medio kilo e un kilo de arxila verde, pode ser vermella tamén. Colocámola nun recipiente de cristal que teña bastante superficie, xa que queremos que lle de o sol a toda a arxila. Para isto tamén podemos ir facendo surcos cada certo tempo, así o sol chega a máis sitios. Deixámola durante unhas dúas horas e ó mesmo tempo podemos deixar tamén ó sol medio litro de auga. Pasadas as dúas horas imos engadindo a auga quente á arxila, deixando que se misturen elas soas, coidado con poñer moita auga de golpe xa que debe quedar espesa. Cando miremos que ten unha textura untable podemos comezar a colocala no noso útero, deixando unha capa de 2-3 cm de grosor e cubrindo toa a súa extensión. Agora quedámonos deitadas ó sol ata que vaia secando.

Eu estiven duas horas ó sol coa arxila no útero e a experiencia foi marabillosa. Ó pouco tempo comecei a notar de volta o latexo do meu útero, entón puden reconectalo co meu corazón. Despois fun sentindo a súa respiración, o seu movemento, o seu espacio... Foi un momento de ledicia pura e absoluta. Agora, case un día despois, sigo sentindo o meu útero coma antes do legrado, bueno, coma antes non, realmente hai cambios nel. Segue estando algo dolorido, e ó mesmo tempo está rexenerándose, nutríndose de volta. O que sí conseguín despois da arxila e notalo todo o tempo conmigo, respirando conmigo, latendo conmigo... respirándonos, laténdonos, nutríndonos.

Que o sol aqueza o voso corpo, o voso útero, o voso ser.

Encarna Llor

4 ago 2012

Bailando coa choiva

Ola :)

Este verán estamos disfrutando de días soleados e pouco calurosos misturados cuns días húmidos que saben a gloria e empapan as terras para que as prantas sigan medrando ata a súa colleita. Cando a auga reaparece limpa os ríos, limpa as fontes, limpa as rúas, limpa os árbores, limpa o aire... límpanos a nos.

Agora vouvos contar un dos mellores momentos que vivín... foi espida, baixo a choiva, ó solpor dun día frío de inverno. Nese momento todo quedou ó marxe, soamente había sentimentos. Primeiro fun consciente da auga que pisaba con meus pes, despois da terra misturada coas herba, que ó estar enchoupadas resultaban moi brandiñas, incluso podías soterrar os pes fácilmente. Fíxeno e comecei a sentir as gotas que caían polo meu corpo, tamén as que impactaban nel traídas polo vento en diferentes direccións. Entón fun consciente do frío e instintivamente movín un pe, logo o outro, despois os brazos, a cabeza, o tronco... Ó pouco estaba bailando baixo a choiva, con pingas de tódolas cores, texturas e sabores; que regaron a miña alma ademáis do meu corpo. Cada unha era diferente ás outras e eran iguais entre sí, eran iguais a mín, eu era igual a elas. Pouco a pouco fundímonos e todo era todo, corpo, terra, pel, aire, ollos, herba, boca, choiva... movéndonos ó son... bailando na choiva, bailando coa choiva.

Sen dúbida recomendo a calquera que probe esta experiencia. Despois o mellor é entrar en casa, buscando fontes de calor, coma unha toalla, unha manta, outro corpo... e pasado un ratiño, tomar unha ducha de auga quente.

Disfrutade bailando coa choiva ;)

Encarna Llor

Benvida a Círculo Maia


Ola

En Círculo Maia quero falar de todo o relacionado coas enerxías feminina e masculina. Irei falando de temas relacionados coa muller e o home, tratando sempre de axudar a cada unha de nos a conectar coa nosa feminidade e coa nosa masculinidade. Todas, xa sexamos de sexo masculino ou feminino, temos ó noso alcance as enerxías feminina e masculina, e está en nos coñecelas e aceptalas para honralas coa nosa vida, para honrarnos coa nosa vida. Traballando para equilibralas en cada unha de nos, así coma no noso entorno, estaremos contribuindo ó seu equilibrio a nivel global.

Felices lúas e soles.

Encarna Llor