Páginas

30 ago 2012

Lúa Chea en Quirón

O venres 31 de agosto ás 15:56:45 (hora española/gmt+2) terá lugar o cenit da Lúa Chea, neste caso a segunda do mes de agosto, fenómeno que é nomeado coma Lúa Azul, que acontece cada dous ou tres anos e que se prodúce única e exclusivamente pola existencia do calendario gregoriano, o cal non ten en conta as lúas. Para mín o relevante desta segunda Lúa de agosto é a súa conxunción con Quirón a menos dun grado de separación de Piscis.

Quirón ten forma de centauro e representa á sanadora ferida que está oculta en nos, unha mestra interior (que son as experiencias vividas) na que temos que aprender a confiar. Isto implica descubrirnos a nos mesmas, mirar en nos as cualidades que outras sí miran e das que non temos consciencia, así como facer por nos o mesmo que faríamos por outras (coidándonos como coidaríamos a outras). É a aprendizaxe a través das vivencias que xeraron sufrimento (sobre todo na infancia, incluso prenatais), convertíndonos en mestras de nos mesmas e despois doutras, axudando a tomar unha maior conciencia.
Outro dos aspectos de Quirón é a integración do racional e do irracional, do tradicional e do progreso, do instinto e da intelixencia, do corpo e da mente, da alma e o espírito... que evoca unha sanación holística.

Se unimos a enerxía favorecida pola conxunción con Quirón, que é de sacar a relucir o que está oculto en nos, os sentimentos dolorosos, as desavenencias, as dúbidas, as debilidades, as contrariedades... favorecendo a súa sanación; coa enerxía da cercanía a Piscis, teremos a limpeza de todo o que podamos estar arrastrando na nosa vida e que neste momento estemos preparadas para soltar e sanar. É un momento de separación, de deixar ir, de pechar as feridas abertas... integrando en nos o aporte das experiencias vividas e liberándonos da carga. Por suposto, cada signo o vivirá de maneira diferente, potenciándose en todos a sanación dos seus puntos débiles.

Queíra comentar que a Quirón relaciónaselle tamén cos abortos e coa xestión da morte en xeral, así que aproveitando ésta Lúa, podemos realizar ceremonias de peche ou de despedida deses seres que habitaron o noso útero, o noso corpo... e que sempre estarán no noso corazón. E tamén doutros seres que deixaron unha pegada na nosa vida e dos que aínda non nos desprendimos.

Ah, aproveitade que nestos días moitas estaremos menstruando ou ovulando, para intentar reconciliarvos co voso ciclo, co voso sangre de vida, coa vosa feminade.

¡Moita forza para a vivencia desta Lúa Chea!


Que o sol, a lúa e as estrelas, iluminen o voso camiño.

Encarna Llor


* Sitio de referencia: Astrología Arquetípica *

No hay comentarios:

Publicar un comentario