Páginas

4 ago 2012

Bailando coa choiva

Ola :)

Este verán estamos disfrutando de días soleados e pouco calurosos misturados cuns días húmidos que saben a gloria e empapan as terras para que as prantas sigan medrando ata a súa colleita. Cando a auga reaparece limpa os ríos, limpa as fontes, limpa as rúas, limpa os árbores, limpa o aire... límpanos a nos.

Agora vouvos contar un dos mellores momentos que vivín... foi espida, baixo a choiva, ó solpor dun día frío de inverno. Nese momento todo quedou ó marxe, soamente había sentimentos. Primeiro fun consciente da auga que pisaba con meus pes, despois da terra misturada coas herba, que ó estar enchoupadas resultaban moi brandiñas, incluso podías soterrar os pes fácilmente. Fíxeno e comecei a sentir as gotas que caían polo meu corpo, tamén as que impactaban nel traídas polo vento en diferentes direccións. Entón fun consciente do frío e instintivamente movín un pe, logo o outro, despois os brazos, a cabeza, o tronco... Ó pouco estaba bailando baixo a choiva, con pingas de tódolas cores, texturas e sabores; que regaron a miña alma ademáis do meu corpo. Cada unha era diferente ás outras e eran iguais entre sí, eran iguais a mín, eu era igual a elas. Pouco a pouco fundímonos e todo era todo, corpo, terra, pel, aire, ollos, herba, boca, choiva... movéndonos ó son... bailando na choiva, bailando coa choiva.

Sen dúbida recomendo a calquera que probe esta experiencia. Despois o mellor é entrar en casa, buscando fontes de calor, coma unha toalla, unha manta, outro corpo... e pasado un ratiño, tomar unha ducha de auga quente.

Disfrutade bailando coa choiva ;)

Encarna Llor

No hay comentarios:

Publicar un comentario