Páginas

26 ago 2012

A sombra

Hoxe gustaríame falar do encontro coa sombra, posto que somos moitas as que nas últimas semanas, ou nos últimos días, estamos vivindo situacións similares encontrándonos coa nosa sombra.

Ó xénero feminino pásanos cada mes, na menstruación conectamos coa sombra e vivimos polo tanto en cada ciclo unha oportunidade de sanar marabillosa. O noso corpo despréndese de calquer acúmulo de enerxía feito dende a anterior menstruación, xa sexa físico, coma emocional ou mental. Para que haxa esa liberación ten que haber unha apertura, polo que cada muller nos días que rodean a menstruación está máis aberta o cal implica un aumento das súas percepcións, tanto externas coma internas. E isto é o que propicia o encontro coa sombra.

Agora ben, hai máis momentos nos que poder acceder a sombra con facilidade, e coinciden con momentos de apertura, como pode ser un parto, un aborto, unha pérdida... Son momentos que vivimos todas, homes e mulleres, en maior ou menor medida. E nos cales unha oscuridade parece penetrar en nos. Eu cada día estou máis convencida de que esa oscuridade provén de nos mesmas, sae do noso interior e do noso exterior, que somos nos mesmas.


E é precisamente esa oscuridade nosa a que eu identifico como sombra, que habita en nos, que corresponde ó noso instinto, á nosa natureza, á muller salvaxe. Sombra que se non é aceptada convírtese en conductas para agochala que resultan á larga máis perxudiciais que as conductas agochadas, en sufrimento, en agonía, destrucción, culpa, tristeza, resentemento, dor...

O encontro, traballo e aceptación da sombra é responsabilidade de cada quen, e está en cada unha de nos propiciar noutras o encontro coa sombra, así coma proporcionar ferramentas para traballar con ela e chegar a aceptala. Vivindo así en comunión con tódalas enerxías presentes en nos, dándolle a cada unha a importancia e o lugar que debe ocupar, para que todo poda fluír, para que podamos fluír e ser agora diferentes ó que fumos hai un segundo e ó que seremos un segundo despois.

Que a sombra brile en nos.

Encarna Llor

No hay comentarios:

Publicar un comentario