Páginas

9 ago 2012

Rescate uterino de arxila


O día 01 de agosto fixéronme un legrado para eliminar "os restos" dun aborto espontáneo. No meu caso estaba todo o embrión dentro, e ó non observar expulsión, ó non parir, pois o que fan e rematar de soltalo, ademáis de limpar ben todo o útero. Despois da operación eu sentín moito vacío físico, puramente físico, coma se me faltara unha parte de mín. Xa estivera a traballar emocionalmente coa morte e estaba en paz, así que costoume entender que era o que sucedía. Ocurriúseme tratar de conectar co meu útero e foi difícil, estaba coma moi lonxe, coma escondido, refuxiado, despois da invasión sufrida durante o legrado. O vacío era precisamente que deixara de sentir o meu útero a cada momento, tiña que por moita atención nel para escoitalo, percibilo, respiralo... Conteille a experiencia a unha amiga, tamén Doula, entón propúxome un exercicio que fixen o día 08 de agosto e agora cóntovos en que consiste.

Rescate uterino de arxila
Deixase aquecer ó sol directo entre medio kilo e un kilo de arxila verde, pode ser vermella tamén. Colocámola nun recipiente de cristal que teña bastante superficie, xa que queremos que lle de o sol a toda a arxila. Para isto tamén podemos ir facendo surcos cada certo tempo, así o sol chega a máis sitios. Deixámola durante unhas dúas horas e ó mesmo tempo podemos deixar tamén ó sol medio litro de auga. Pasadas as dúas horas imos engadindo a auga quente á arxila, deixando que se misturen elas soas, coidado con poñer moita auga de golpe xa que debe quedar espesa. Cando miremos que ten unha textura untable podemos comezar a colocala no noso útero, deixando unha capa de 2-3 cm de grosor e cubrindo toa a súa extensión. Agora quedámonos deitadas ó sol ata que vaia secando.

Eu estiven duas horas ó sol coa arxila no útero e a experiencia foi marabillosa. Ó pouco tempo comecei a notar de volta o latexo do meu útero, entón puden reconectalo co meu corazón. Despois fun sentindo a súa respiración, o seu movemento, o seu espacio... Foi un momento de ledicia pura e absoluta. Agora, case un día despois, sigo sentindo o meu útero coma antes do legrado, bueno, coma antes non, realmente hai cambios nel. Segue estando algo dolorido, e ó mesmo tempo está rexenerándose, nutríndose de volta. O que sí conseguín despois da arxila e notalo todo o tempo conmigo, respirando conmigo, latendo conmigo... respirándonos, laténdonos, nutríndonos.

Que o sol aqueza o voso corpo, o voso útero, o voso ser.

Encarna Llor

2 comentarios: