Páginas

23 ago 2012

Peche con rebozos


Onte, 21 de agosto, fixéronme e fixen un peche do corpo, empregando unha técnica mexicana que se fai con rebozos. O rebozo é unha especie de fular feito con algodón que aguanta peso e tensión sendo suave e manexable. Con él péchase o corpo despois dun parto, un aborto ou ante calquer situación vital que supoña unha gran apertura, tanto para mulleres como para homes.

O que se fai e ir pechando cada parella articular, así péchanse os nocelos, os xeonllos, as cadeiras, os hombreiros e a cabeza; ademáis faise un mecido dos membros inferiore e da cabeza. Ó rematar as facilitadoras quédanse acompañando, unha na cabeza e outra no útero e no corazón.

As emoción son moi diferentes, hai moita liberación, e previa a ela pásase por momentos de certa tensión. Os cales coa presencia de tódalas involucradas, consiguen ser máis livianos e aliviarse rápidamente. Durante todo o proceso, choras, ríes, suspiras, bosquexas, ximes... resulta moi útil cando as facilitadoras cantan unha nana ó teu útero. Tamén é maravilloso notar toda a súa cercanía en todo o proceso e sobre todo ó final, cando acompañan ó teu ser nese momento de inmersión total no teu interior, que é uns dos momentos de maior presencia que se pode vivir. Xusto nesa inmersión, senta moi ben que unha compañeira aqueza o útero, o corazón e transmítache coa súa man a danza do teu útero, de maneira que a pasa ó corazón. Así a conexión queda no teu corpo, no teu ser, na túa esencia... Descubrir esa danza, e sobre todo recuperala, é unha emoción única e indescriptible. Nese proceso, sintes os úteros das compañeiras latexando co teu e é outra experiencia única. Despois, antes de saír da crisálida, abres os ollos e atopas os seus, os seus sorisos, os seus aloumiños... a complicidade, a irmandade...

Ata aquí a experiencia de que te pechen. Agora a de pechar a alguén que é moi enriquecedora, sintes como está, como vai cambiando e como remata ó final. Daslle amor dende o primeiro ó último toque, acompañas a alguén nunha viaxe ó máis profundo do seu ser. É un agasallo.

Recomendo a experiencia a tódalas mulleres.

Que o sol, a lúa e as estrelas, iluminen o voso camiño.

Encarna Llor

No hay comentarios:

Publicar un comentario