Páginas

2 sept 2012

Ceremonia de despedida


Esta imaxe é do altar que fixemos na praia para a despedida conxunta dos seres que pasaron polas nosas vidas, miña e do meu compañeiro, no tempo que levamos compartíndoas.

Decidimos aproveitar a lúa chea do día 31 de agosto para deixar ir e sanar as feridas que se produxeron coas pérdidas dos nosos bebés antes de que chegaran a nacer e dos animáis ós que intentamos axudar temporalmente.

O que fixemos é moi sinxelo e penso que pode ser efectivo ante calquer pérdida, sempre e cando haxa un traballo previo co tema. Serve para rematar de soltar e para pechar acontecementos relacionados coa pérdida dalgún ser querido.

Nos estábamos na praia, así que colocamos un pareo en forma circular e sobre el puxemos unha vela protexida cun vasiño de cristal para evitar que o vento a apagase, as pedras dos chakras que sempre van conmigo, un incienso na area e despois recollimos pedras pola praia que representaron ós seres dos que nos despedimos. Conectámonos entre nos e decidimos facer unha meditación guiada por Vivi Cervera de ho'oponopono (síntoo, perdóname, grazas, ámote; Vivi Cervera - Ho'oponopono), despois cada unha estivo en silencio e descubrimos de camiño a casa que as dúas fixemos o mesmo, que foi facer o traballo de ho'oponopono con cada un dos seres dos que nos despedimos. Entón collimos as pedras nas nosas mans, primeiro as dúas xuntas, despois cada unha por separado e despois as dúas xuntas. Levantámonos e collidas da man levamos as pedras con nos ata o mar, metímonos na auga e abrimos as mans ó mesmo tempo para deixalas ir co mar.

Rematado isto, comemos e démonos un baño. Fixémolo no cenit da lúa chea, no que a lúa aínda non era visible no noso territorio, así que decidimos voltar á noite á praia para ouvear dándonos un baño bañados pola luz da lúa e ó saír ficar nun triángulo de luz feito con velas e incienso mentres nos secábamos.

A experiencia para mín foi moi positiva, axudoume a aliviar a carga, así coma a recuperar partes de mín que estaban soterradas por esas cargas, é un traballo que desbloqueou moitas emocións e sobre todo, proporcionoume paz.

Que o sol, a lúa e as estrelas iluminen o voso camiño.

Encarna Llor

No hay comentarios:

Publicar un comentario