Páginas

6 oct 2012

Os meus "desórdenes" alimenticios

Ola :)

Hoxe escribo conectada con esa parte da miña sombra que rexeita o meu corpo con sobrepeso. Darlle paso a esta parte é abrir a caixa de Pandora. Saen á luz moitas outras partes, moitas outras sombras...


A miña historia co peso é coma unha montaña rusa, tanto físicamente coma emocionalmente. Xa de nena doíame moito que os meus compañeiros fixeran burlas do meu corpo físico, despois na adolescencia a dor agravouse e comecei a ter problemas co meu corpo físico, comezaron as dores musculares e articulares. Con 15 anos pesaba 57 kilos e aínda así, decidín facer un réxime de adelgazamento. Eu facía moito deporte, estaba nun clube de natación e o meu corpo medrou ó ancho máis que ó alto. Así que o meu aspecto físico era diferente ó das demáis, e sentín daquela que debía ser igual a elas para así ser aceptada, ser querida, ser amada. O réxime tivo consecuencias indeseadas, perdín a forza, as ganas, perdín a vitalidade, e decidín deixar a natación, tamén motivada por pasar máis tempo co meu mozo. O resultado foi que levando un réxime normal, engordei en 3 anos, 30 kilos. Uns anos máis tarde, empuxada polo meu mozo e a súa familia, que por aquel entonces xa se convertira no meu único mundo, comecei un réxime moito máis severo que o primeiro, pesando cada cousa que inxería, comendo case tódolos días o mesmo, xa que eu daquela comía 4 ou 5 verduras diferentes, polo, atún e pouco máis. Estiven inxerindo 1000-1100 calorías durante ano e medio, e despois facendo soamente unha comida copiosa ó día durante ano e medio, como mantemento. Nestos períodos, se nalgún momento comía algo que "non debía" comer, vomitaba, sentíame culpable, aborrecíame...

Con 23 anos deixei a relación co meu primer mozo e parece que a prohibición de comer viña de estar con él, ou de querer estar con él, ou non sei moi ben de que. O caso é que comecei a comer compulsivamente todo o que non comera durante 3 anos. O resultado foi que engordei uns 15 kilos, situándome nos 76 kilos en poucos meses. Despois mantiven este peso durante uns meses máis, para comezar a engordar ata os 90 kilos dende o verán do 2006 ata o inverno do 2007.

En decembro do 2007 deixei o traballo que tiña, e ademáis de estar traballando a nivel emocional, mental e espiritual a través de diferentes terapias, que me axudaron a ter máis autoestima. Relacionábame con persoas ás que o corpo físico dáballes igual, que valoraban outros aspectos do ser humano. Unha delas, comezoume a falar de veganismo e pouco a pouco fun deixando de inxerir animáis, despois de facer moitas preguntas e de ter moita información. O problema foi que no proceso retomei un hábito anterior, cando comía algún producto animal ou algo pouco saudable, vomitaba. Se a isto unímoslle que deixara de empregar medicación a diario (mentres daba masaxes), pois temos un pack bastante perxudicial e as dores do meu corpo físico aumentaron moitísimo, sendo incluso diagnosticada de fibromialxia e inxerindo a medicación pertinente. Para fináis do 2008 pesaba 53 kilos, isto implica que nun ano perdín 33 kilos.

No verán do 2009 atopei unha persoa coa que pouco a pouco ía recompoñendo os meus esquemas, a miña vida, non porque esa persoa fixera nada especial, simplemente porque esa persoa era. E en outono, tivemos un aborto voluntario, entón comecei a engordar paulatinamente. Non superamos a dor que produciu esa pérdida, soamente foi ignorada. É certo que estando co meu compañeiro comecei a sentirme libre, a sentirme querida, xa non tiña que demostrarlle nada a ninguén, xa non tiñaa que ser como ninguén. Tamén sei que tiven que desconectarme un pouco do meu corpo físico, para deixar de sentir tanta dor, que me levara a estar moi incapacitada e a case nen poder comer eu soa. Polo verán do 2010 pesaba 78 kilos e nese momento, case xa non tomaba ningunha pastilla para a dor física, os trastornos mentáis e emocionáis (que supostamente acompañan á fibromialxia).

Xa no verán de 2011 pesaba 87 kilos e descubrín nunha meditación que quería traballar coa enerxía dos alimentos, así que casualmente atopei un curso de alimentación enerxética e embarqueime nel. Total que na metade do outono de 2011 pesaba 80 kilos e comezaba a estabilizarme, os meus corpos comezaban a depuración. Nestes momentos, un ano despois, os meus corpos mental e emocional están moito máis estables, o que segue sen estar estable é o meu corpo físico e agora peso máis de 90 kilos, os cales, días como hoxe, pésanme moitísimo máis.

O meu traballo con éste tema, vai cambiando ó longo do tempo, case sempre hai unha rosca máis que xirar. Hai moitas pequenas chaves que abren e pechan capítulos despois de traballar con eles e de obter unha aprendizaxe. Eu seime a teoría, seina e na maoir parte do meu día, das miñas horas, esa teoría pasa a ser práctica. Despois hai días, coma hoxe, nos que a práctica deixa de ser práctica e convírtese nun impedimento. Non me gusta o que miro, non me gusta o que toco, non me gusta o que sinto. Entón móvese algo máis e eu pregúntome ata cando seguirei arrastrando a falta de aceptación de mín mesma, a culpa, a dor, a falta de amor, non saber darme amor ou non querer recibilo... Pouco a pouco vou superando cada peldaño, desexando que nalgún momento soamente sexa capaz de mirarme con amor, sen xuizos.

Bicos!

Día 35: fase premenstrual

2 comentarios:

  1. Apreciada Encarna:
    Moitas veces consideramos frívola a valoración da nosa imaxe corporal, aínda que sexa o punto onde apoiamos a nosa autoestima. É importante coidala e querela, identificarnos co corpo físico e, como ben dis, sentilo integrado con tódolos corpos. Comparto a túa viaxe emocional a través do sobrepeso e a imaxe corporal, síntome moi identificada contigo.

    Envíoche unha aperta de paz.

    Ravideep Kaur-Pattie

    ResponderEliminar
  2. Ola, preciosa!

    Sí, o ideal é que tódolos corpos vaian da man polo camiño da vida. Eu sinto que as nosas viaxes tamén foron necesarias para chegar onde estamos, así que benvidos sexan estes momentos de conexión coa sombra por moi duros que parezan.

    Apertas de corazón a corazón.

    Encarna

    ResponderEliminar