Páginas

31 oct 2012

Samaín

http://eireen.deviantart.com/
Ola :)

Hoxe quero compartir un texto que escribín o ano pasado nesta data, empregando na maior parte textos que fun atopando pola rede.

Estiven procesando moitas cousas, limpando moito de cara a desprenderme das follas que me sobran nesta data, 31 de outubro, e buscando novos abonos para dar follas novas na primavera. Hoxe prenderei o lume da miña cociña de ferro, queimarei todo o que sexa preciso e darei a benvida ó novo ano que comezamos.

Estou feliz de comezar un novo ano xusto neste momento, no que estou conectada coa miña esencia, grazas a traballar coa enerxía feminina, coa miña nena, conmigo e con outras, compartindo, aprendendo, vibrando ó son de cada unha que é o son de todas.

Celebremos un novo comezo, un novo andar, limpo, claro, en armonía, en amor e con amor, por nos, por todas, polo mundo, polo universo.

Ámonos!

Sen máis, copio o texto do ano anterior:

"Chega o outono e con él as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras, as chulas; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.


A antiga festividade céltica do samaín (pronunciado /ˈsˠaunʲ/ da lingua irlandesa antiga samain) foi
habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1º de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.
Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.
Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles asi que atopasen os seus fogares e os seus parentes.
Afírmase que polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no século XIX e comezos do XX. De ser así, a tradición tería continuidade nas festas de Halloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do samaín na cultura estadounidense, semellante a un entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas. Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular."

Boa sorte para o ano que comezamos ♥ ♥ ♥

Aloumiños para todas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario