Páginas

5 nov 2013

Vivencias do puerperio do aborto


Boas!

 Removida por unha compañeira que está vivindo un aborto espontáneo, revivo os momentos do meu último aborto, hai catro meses. Mentres escribo as bágoas inundan a miña cara, escribindo libero moitas emocións. Estou feliz por poder compartir con vos a miña experiencia, e o que me deu o impulso de escribir foi unha frase que lin no facebook "la felicidad no es un sentimiento, es una decisión". Cando a lin, recapacitei e dinme conta de que é unha verdade para mín nestos momentos. Sorprendinme moito de que fora así e pensei que fora o que me levara a opinar así. Sen dúbida, foi o último aborto espontáneo que vivín, no que deixei que a pena me penetrara ata o máis fondo do meu ser, vivín a frustación da maneira que supen facer, evadinme tomando un par de copas nalgunhas festas do pobo e bailando case ata a saída do sol. Chorei no mar, no sol, no río, nas pedras, nas árbores, no vento, na pel, no ventre. Acompañei a partida do meu fillo durante 40 días. Odiei o meu corpo, maldencín a miña situación física actual, culpabiliceime por non ser capaz de conservar a vida dende un punto de vista fisiolóxico. Apaguei a luz do meu desexo de ser nai e chorei aínda máis. Queixeime do acontecido e de tódalas circunstancias. Ó mesmo tempo agradecín todo o vivido en todo o proceso. Agarimei o meu corpo, dinlle espazo, permitinlle ser en toda a sua plenitude. Sanei ó recoller ó meu fillo dentro do seu saco cando o parín, na miña casa, no meu baño, despois de chegar a casa e estar cos meus. Disfrutei de cada sesión de coidado gatuno. Alegreime cando ía despedindo ó meu pequeno, obtiven moita paz mentres o acompañaba na sua partida. Vivín a satisfacción de parir ó meu fillo, do poder tocalo. Gocei do parto, co meu útero en toda a sua plenitude, vivín como respondía a cada estímulo hormonal. Coñecinme íntimamente, mirei o infinito do meu ser.

Todo isto foi posible grazas a estar sumerxida na felicidade, entón a felicidade pasou a ser unha decisión.

Grazas a tódolos seres que estiveron conmigo no camiño, de maneira directa ou indirecta, grazas por estar aquí.

Boa vida!

Día 17: fase ovulatoria

No hay comentarios:

Publicar un comentario