Páginas

21 dic 2014

Xuntanza de blogues

Boas ^^

Para quenes seguíades este blogue, e aínda non me atopárades por outros lugares, coméntovos que dende hai uns meses decidín traballar case soamente nun só lugar. O motivo é que tiña moitos blogues abertos e ante o que me abrumaba escribir en tantos, ó final non escribía en ningún.

Cada blogue conforma unha parte de mín, este en concreto falaba da miña época de reconexión co feminino. Foi unha etapa moi importante e necesaria na miña vida, que seguida á reconexión co mundo animal, é hoxe un dos meus pilares vitais.

Durante moito tempo quixen ou necesitei, separar facetas da miña vida, ata o punto de que persoas que me coñecen por unha delas, non saben nada das outras. Iso deixou de ter sentido hai un tempo, e decidín unirme, tratando de reconciliar tódalas partes. Isto supón un gran traballo persoal, no que deixar de ser para chegar a ser.

Se queredes seguirme, o blogue de reunión chámase coma mín: encarna llor

Que o sol, a lúa e as estrelas, e algún vagalume, iluminen o voso camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario